1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de desenvolvemento dun sistema de información que dea soporte á xestión de dous elementos clave nos servizos proporcionados a través da plataforma tecnolóxica:
– Rexistro de Buques de Galicia, para dar soporte aos procedementos administrativos ligados ao rexistro de buques (alta, baixa e modificación).
– Permisos de marisqueo a pé. Soporte dos procedementos administrativos relacionados con estes permisos, incluídos os de embarcación auxiliar.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Diario Oficial de la Unión Europea e Boletín Oficial del Estado.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
Diario Oficial de Galicia: 10.6.2016.
Diario Oficial de la Unión Europea: 10.6.2016.
Boletín Oficial del Estado: 21.6.2016.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto, harmonizado.
b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificado.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 427.264,46 €, dividido segundo os lotes:
– Lote 1: 247.933,88 €.
– Lote 2: 179.330,58 €.
5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 284.842,97 €, máis 59.817,02 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 344.659,99 €, que se distribúe nas seguintes anualidades segundo os lotes:
– Lote 1: Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.
2016: 106.297,52 + IVE (22.322,48 €) = 128.620,00 €.
2017: 58.991,73 + IVE (12.388,26 €) = 71.379,99 €.
Total: 165.289,25 + IVE (34.710,74 €) = 199.999,99 €.
– Lote 2: sistema de xestión de permisos de marisqueo a pé.
2016: 76.892,56 € + IVE (16.147,44 €) = 93.040,00 €.
2017: 42.661,16 € + IVE (8.958,84 €) = 51.620,00 €.
Total: 119.553,72 € + IVE (25.106,28 €) = 144.660,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación:
1. Lote 1: 12.9.2016.
2. Lote 2: 19.9.2016.
b) Data de formalización do contrato:
1. Lote 1: 2.11.2016.
2. Lote 2: 2.11.2016.
c) Contratista:
1. Lote 1: Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A.U.
2. Lote 2: Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A.U.
d) Importe de adxudicación:
1. Lote 1: 163.999,77 € (IVE incluído).
2. Lote 2: 117.174,60 € (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia