Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de outubro de 2016 polo que se notifica acordo adoptado no procedemento sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia porque, intentadas as notificacións do dito acordo, non se puideron practicar (expediente SANC/22/16).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas adoptou acordo de cualificación de maior gravidade da infracción que motiva o procedemento sancionador que se indica, tipificada na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG). Intentada a notificación persoal deste acordo, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/22/16, ref. bis 3/16. Provincia: Pontevedra. Feito imputado: realizar recheo en parcela, interrompendo a drenaxe transversal en bueiro da estrada. Interesado: Alejandro Mon Munaiz. Estrada afectada: PO-400, Salvaterra-Filgueira, p.q. 2+000. Concello de último domicilio coñecido do interesado: Salvaterra de Miño. Acto notificado: acordo de cualificación de maior gravidade da infracción.