Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51251

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2016 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 14 de xullo de 2016 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 18 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante GAIN), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2016 (DOG número 138, do 21 de xullo) adxudicáronse as axudas da modalidade B ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.

De acordo co artigo 16 da orde de convocatoria, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades e poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión. Tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas da modalidade B das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral que se indican a continuación:

Núm. de exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota

POS-B/2016/026

UVIGO

Souto

Salgado

José Antonio

*****233S

Ciencias

95

POS-B/2016/004

UVIGO

Ferrero

Vaquero

Victoria

*****482R

Ciencias

89

Segundo. Aceptar a renuncia a permanecer na lista de espera que se indica a continuación:

Núm. de exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota

POS-B/2016/022

UVIGO

Rodríguez

Álvarez

María José

*****986G

Ciencias

83

Terceiro. Adxudicar as axudas correspondentes a estas renuncias ás solicitudes que se indican a continuación, de acordo co artigo 16 da orde de convocatoria.

Núm. de exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota

POS-B/2016/001

UVIGO

Astray

Dopazo

Gonzalo

*****219M

Ciencias

82

POS-B/2016/014

USC

Balboa

Méndez

Sabela

*****874G

Ciencias da Saúde

81

Cuarto. Declarar extinguida a lista de espera da modalidade B destas axudas.

Quinto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG segundo as renuncias e as novas incorporacións, tal como se indica na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de prazas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

10.40.561B.444.0

USC

11

101.986,30

404.041,10

305.013,70

2.958,90

814.000,00

UVIGO

9

81.789,04

330.041,10

251.210,96

2.958,90

666.000,00

Total

20

183.775,34

734.082,20

556.224,66

5.917,80

1.480.000,00

10.40.561B.744.0

USC

11

55.000,00

110.000,00

55.000,00

0,00

220.000,00

UVIGO

9

45.000,00

90.000,00

45.000,00

0,00

180.000,00

Total

20

100.000,00

200.000,00

100.000,00

0,00

400.000,00

Sexto. A data de comezo dos contratos será o 16 de novembro de 2016.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e vinculará as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización dos correspondentes contratos.

Oitavo. O artigo 12 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

Francisco Conde López
Presidente da Axencia Galega
de Innovación