Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51250

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 3 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a do 19 de maio de 2016 pola que se convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2016/17.

Advertido erro na publicación da Resolución do 3 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a do 19 de maio de 2016 pola que se convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2016/17, publicada no Diario Oficial de Galicia número 197, do 17 de outubro de 2016, cómpre facer a oportuna corrección, no sentido que se indica a continuación:

Na páxina 46915, onde di:

IES Santa Irene

Vigo

Concedido

Debe dicir:

IES Auga da Laxe

Gondomar

Concedido