Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51248

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 28 de xullo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2016 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda. Fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de corenta e dous mil cincocentos setenta e catro euros con once céntimos (42.574,11 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020, do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas; véxase o anexo.

A Coruña, 7 de novembro de 2016

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2016:

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido (€)

G15049034

Asociación de Amas de Casa Con. e Usuarias

Liña 1

2.793,93

G15969868

Federación Galega de Redeiras O Peirao

Liña 1

3.000

G70239397

Asociación Rural de Mulleres Emp. Arume

Liña 1

2.500

G70370119

Asociación Puntodelas

Liña 1

3.000

G15910656

Asociación A Ponderosa

Liña 1

2.956,18

G15870777

Asociación de Mulleres Rurais Carballeira

Liña 1

364

G15901176

Asociación de Mulleres Rurais Amurusa

Liña 1

750

G70301916

Asociación de Executivas de Galicia

Liña 1

3.000

G70223417

Asociación de Mulleres con Discap. Acadar

Liña 1

2.250

G15945686

Asociación Labregas

Liña 1

3.000

G15766918

Asociación de Mulleres Rurais A Maristela

Liña 2

3.000

G70312954

Asociación Mirabal

Liña 2

3.000

G15923113

Asociación de Mulleres Rurais Ceres de Carballo

Liña 2

2.500

G15830375

Asociación Cultural de Mulleres O Cantón

Liña 2

1.480

G70101647

Fademur (Federación de Asociación de Mulleres Rurais de Galicia)

Liña 2

3.000

G15656762

Asociación Integ. Muller. Galeg. do Rural (Agra)

Liña 2

3.000

G70442561

Asociación Axuda Atende e Acolle (Axatac)

Liña 2

2.980