Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51246

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 28 de xullo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2016 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda. Fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de quince mil douscentos oitenta e sete euros e trinta céntimos (15.287,30 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020, do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas, véxase o anexo.

Lugo, 7 de novembro de 2016

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2016:

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido (€)

G27337120

Asociación de Mulleres Rurais Ledicia

Liña 1

2.889

G27013697

Asociación de Viudas Julia Minguillón

Liña 1

2.800,83

G27212281

Asociación Amuraxe

Liña 1

2.400

G27207117

Asociación Familiar Amas de Casa de Ribadeo

Liña 1

1.110,48

G27411636

Asociación Corazóns Artesáns

Liña 1

738,99

G27179134

Asociación de Mulleres Rurais Agarimo

Liña 1

666

G27130103

Asociación de Viudas Carmiña Prieto Rouco

Liña 1

650

G15113566

Federación Gallega de Viudas

Liña 1

200

G27431873

Asociación E-Deidades

Liña 2

3.000

G27359702

Observatorio da Mariña pola Igualdade

Liña 2

432

G27166362

Asociación de Mulleres As Angueiras

Liña 2

400