Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se dá publicidade á sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, no expediente 2015/0005-0.

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta ás empresas que se relacionan, pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, procédese a dárselle publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, sobre a publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Expediente: RL 2015/0005-0.

Nome ou razón social da empresa: Contrucciones Narciso Barros, S.L.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios residenciais (4121).

CIF: B15967565.

Domicilio social: rúa Arquitecto Rei Pedreira, 14, 15011 A Coruña.

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Incumprir as disposicións mínimas de seguridade e saúde no desenvolvemento da actividade, xerando un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Precepto legal infrinxido: artigos 32 bis e disposición adicional 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 22 bis do Real decreto 39/1997.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 8.7.2015.

Data de firmeza da sanción: 24.8.2016.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, procederase á inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde. Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego