Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 24 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente 2016/135-36.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado ás persoas que a continuación se indican a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderán comparecer as persoas interesadas para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2016/135-36.

Interesados: Stefan Boti e Mariana Tarsan.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 24 de outubro de 2016.

Vigo, 24 de outubro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo