Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Grille, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Grille, Sociedade Cooperativa Galega no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña, acordada na asemblea xeral do 14 de maio de 2016. O capital social mínimo amplíase a 30.000,00 €.

A Coruña, 25 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña