Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2016/259-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT, RBT As Lamas.

Situación: As Lamas-Xinzo de Limia.

Descricións técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 7 m, con orixe no poste existente nº BGFEHKGV/D37 da LMT XIN812 e remate no CT proxectado As Lamas, de 100 KVA e R/T 20.000/400-230 V.

– RBT aérea de 90 m con condutor RZ derivada do CT proxectado As Lamas.

Orzamento: 21.328,58 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de outubro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense