Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rairiz de Veiga (expediente IN407A 2016/258-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT, RBT Lama de Paio-Ludro.

Situación: Rairiz de Veiga.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 31 m con orixe no poste metálico existente na LMT XIN 812, con condutor LA 56/54,6 e remate no CT proxectado Lama de Paio-Ludro, de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT subterránea de 50 m derivada do CT proxectado.

Orzamento: 18.344,69 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de outubro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense