Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de renuncia da subvención para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, reguladas na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro), relativa ao expediente TR341J 2016/75-2.

Intentada a notificación da resolución da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda a resolución de renuncia da subvención para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido de dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/23015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.

Lugo, 27 de outubro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341J 2016/75-2.

Nome: Rebeca Paleo Jones.

DNI/NIF: 53518812C.

Último enderezo coñecido: rúa Parrela, Parquemar II, 2-6º C, 27850 Viveiro, Lugo.

Contido da resolución: renuncia pola que se declara concluído o procedemento ditado o 3 de outubro de 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.