Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1345/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1345/13 por instancia de Emilio José Vázquez Piñeiro, Eduardo Lago Vázquez, Jesús Daniel Castreje Canosa e Juan Marcos Vázquez López contra a empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., a súa administración concursal, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 10.10.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda interposta por Emilio José Vázquez Piñeiro, Eduardo Lago Vázquez, Jesús Daniel Castreje Canosa e Juan Marcos Vázquez López fronte ás empresas Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., a súa administración concursal e Unión Fenosa Distribución, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. a aboar aos actores as seguintes cantidades:

• A Emilio José Vázquez Piñeiro a cantidade de dous mil corenta e cinco euros con sete céntimos de euro (2.045,07 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

• A Eduardo Lago Vázquez a cantidade de dous mil setenta e oito euros con sesenta e catro céntimos de euro (2.078,64 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

• A Jesús Daniel Castreje Canosa a cantidade de dous mil corenta e cinco euros con catro céntimos de euro (2.045,04 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

• A Juan Marcos Vázquez López a cantidade de dous mil setenta e oito euros con sesenta e catro céntimos de euro (2.078,64 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Tales cantidades vincularán o administrador concursal.

– Condénase a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a responder solidariamente das cantidades a que foi condenado Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. polas reclamacións efectuadas por Emilio José Vázquez Piñeiro e Jesús Daniel Castreje Canosa, incluídos os xuros moratorios.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e este debe anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 19 de outubro de 2016

A secretaria xudicial