Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (236/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 236/2014 por instancia de José Ángel Vieiro Amor contra a empresa Rodríguez Rolán Hermanos, S.L. sobre cantidade, en que recaeu sentenza do 10.10.2016 que, copiada en los particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por José Ángel Vieiro Amor fronte a empresa Rodríguez Rolán Hermanos, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Rodríguez Rolán Hermanos, S.L. a aboar a José Ángel Vieiro Amor a cantidade de trece mil catrocentos sesenta e oito euros con trinta e sete céntimos de euro (13.468,37 euros), devindicando os conceptos salariais o 10 % de xuros moratorios.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fágase constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma a la empresa Rodríguez Rolan Hermanos, S.L. expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 19 de outubro de 2016

A secretaria xudicial