Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49956

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RS 1388/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1388/2016 MCR

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 349/2014, Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrente: Felipe Sánchez Torres

Avogada: Rosa María Santos Agulla

Procurador: Xulio Xabier López Valcarcel

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1388/2016 MCR desta sala, seguido por instancia de Felipe Sánchez Torres contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, sobre accidente de grao, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Felipe Sánchez Torres fronte á Sentenza do 29 de decembro de 2015 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, ditada nos autos número 349/2014, seguidos fronte á Mutua Fremap, o INSS e a empresa Govisa Ingeniería y Montajes, S.L. Todo iso confirmando a resolución impugnada e sen condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

- Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

- Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao que me remito, e para que produza os efectos oportunos, expido o presente que asino na Coruña o dezasete de outubro de dous mil dezaseis. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza