Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49958

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo

EDICTO (PO 740/2015).

Eu, Francisco Julián Hinojal Gijón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo, polo presente edicto anuncio que no procedemento ordinario 740/2015 seguido por instancia de Comunicación Spandex España, S.A. fronte a Marta Basadre López e Espacio Integral de Medios, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido estimar a demanda interposta pola procuradora Margarita Figueroa Herrero en nome e representación da entidade Comunicación Spandex España, S.A. contra a mercantil Espacio Integral de Medios, S.L. e Marta Basadre López, e condenar as demandadas a que aboen á entidade demandante a suma de 11.269,86 euros incrementada co xuro legal devindicado sobre a devandita suma desde a interposición da demanda.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde o día seguinte á súa notificación (artigo 458 da LAC).

Líbrese e únase certificación desta sentenza ás actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas».

E encontrándose as devanditas demandadas, Marta Basadre López e Espacio Integral de Medios, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lugo, 17 de decembro de 2015

O secretario xudicial