Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49955

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2016, do tribunal nomeado para a selección dunha praza de titulado/a superior para a unidade de desenvolvemento e innovación sanitaria, convocada por Resolución do 21 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 186, do 29 de setembro), pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos neste proceso.

En sesión que tivo lugar o día 3 de novembro de 2016, o tribunal nomeado por Resolución do 13 de outubro de 2016 (DOG núm. 201, do 21 de outubro) para a selección dunha praza de titulado/a superior para a unidade de desenvolvemento e innovación sanitaria, á vista das solicitudes presentadas e logo da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos,

ACORDOU:

Aprobar e facer públicas as listaxes de aspirantes admitidos/as e excluídos/as indicando, para estes últimos, a causa de exclusión. As ditas listaxes publícanse na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no taboeiro de anuncios desta.

De acordo co disposto na base 6.1 da convocatoria, os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

Luis Ángel León Mateos
Presidente do tribunal