Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de outubro 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 1141/2011, do 24 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 24 de novembro de 2011, pronunciou a Sentenza 1141/2011, ditada no procedemento ordinario nº 4735/2008, interposto por Eduardo Emilio Paz Santasmarinas, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que, estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Eduardo Emilio Paz Santasmarinas contra a Orde do 1 de setembro de 2008, ditada pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, pola que se aproba definitivamente o PXOM de Santiago de Compostela e, en consecuencia, anulamos parcialmente a mencionada Orde do 1 de setembro de 2008, no aspecto exclusivo relativo ao punto P-11 O Castiñeiriño do artigo 150 de dito PXOM, e declaramos que a parcela descrita no fundamento de feito previo recibirá a consideración de solo urbano consolidado, sen facer especial condena de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo