Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49978

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 124/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Antonio Seoane Aldrey, Javier Castro Mosquera, Marcelino Ríos Sánchez, Jorge Otero Pampín, José Antonio Rodríguez Liste, José Manuel García Asorey contra Hermanos Seoane, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº de procedemento ordinario 124/2014 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 23.1.2017 ás 10.45 horas, en planta baixa, sala 1, edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Hermanos Seoane, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza