Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49828

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (193/2016).

Modificación de medidas suposto contencioso (MMC) 193/2016 CH

Procedemento de orixe: familia, garda, custodia, alimentación fillos menores non matrimonio cons. 363/2014

Sobre: modificación de medidas

Demandante: Juan Carlos Rey Fernández

Procuradora: Uxía Ríos Tesouro

Demandada: Laura Prieto Sieiro

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento de modificación de medidas número 193/2016-CH, seguido por instancia de Juan Carlos Rey Fernández fronte a Laura Prieto Sieiro, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decisión:

Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Ríos, en nome e representación de Juan Carlos Rey Fernández fronte a Laura Prieto Sieiro, e declaro a modificación das medidas acordadas na sentenza do 7 de abril de 2013, establecendo as seguintes:

Atribúeselle a Juan Carlos Rey Fernández a garda e custodia exclusiva dos seus fillos, I. e J.C., sen que caiba fixar réxime de visitas ningún en favor de Laura Prieto Sieiro.

Atribúese o exercicio exclusivo das facultades inherentes á patria potestade a Juan Carlos Rey Fernández, e mantense en suspenso o exercicio por parte de Laura.

Laura contribuirá ao sostemento dos seus fillos coa cantidade de 200 euros mensuais (100 euros por cada fillo).

Ambos os dous proxenitores soportarán ao 50 % os gastos extraordinarios dos menores. Consideraranse como gastos extraordinarios necesarios os médicos e farmacéuticos non cubertos por seguros, os odontolóxicos e oftalmolóxicos, os protésicos, ortopédicos e similares, ou os de libros e material escolar ao inicio de cada curso.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe preparar, no prazo de cinco días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal polo Ministerio Fiscal.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.

E encontrándose o dito demandado, Laura Prieto Sieiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 7 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza