Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (106/2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 106/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rachid Ait Ahmad contra Loybo Vilar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estimo a demanda presentada por Rachid Ait Ahmad, representado pola letrada Sra. Pérez Vega, contra Loybo Vilar, S.L., que non compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.261,18 euros, cantidade que producirá un xuro moratorio do 10 %.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se for o caso, o afecten.

Impoño á empresa demandada as custas procesuais causadas, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante ata o límite de 300 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é susceptible de recurso de suplicación ao non exceder de 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social)».

E para que sirva de notificación en forma a Loybo Vilar, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 17 de outubro de 2016

O secretario xudicial