Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de setembro de 2016 polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.50412 en materia de dominio público hidráulico.

O director de Augas de Galicia ditou a resolucións no expediente sancionador referido no anexo por infraccións en materia de dominio público hidráulico.

Unha vez intentada a notificación da dita resolución por correo certificado con aviso de recepción no enderezo que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícase a resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación da dita resolución, tempo durante o cal poderá interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia.

O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresaria, praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Unha vez que sexa firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

Precepto infrinxido

Cualificación

Sanción

DH.D15.50412

Andrés Fernández Barreiro

Ventosa-Régoa

15350 Cedeira

9.8.2016

Infracción

85.d) da LAG

Leve

800 €