Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0978/2016-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0978/2016-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 25 de outubro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0978/2016-PPM.

Persoa interesada: Cristian Bolla García.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Constitución, 73, 5º E, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0979/2016-PPM.

Persoa interesada: Carlos David Borja Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 27, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0981/2016-PPM.

Persoa interesada: María Isabel Ceide López.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Beiramar, 2, 5º, Perillo, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0982/2016-PPM.

Persoa interesada: José María Casi Ferrer.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Lorenzo Mene, 40, Palmeira, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-0983/2016-PPM.

Persoa interesada: Francisco Antonio del Río Bouzón.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Camiño dos Cons, 47, Angustia, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-0984/2016-PPM.

Persoa interesada: Fabián Patricio Feijoo Aguirre.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Rebordelo, 8, 2º A, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0987/2016-PPM.

Persoa interesada: Daniel Jiménez Borja.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 1, 2º L, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0989/2016-PPM.

Persoa interesada: María Jiménez Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Breogán, 3, 1º Rutis-Vilaboa, Culleredo.