Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de setembro de 2016 de notificación do prazo de alegacións no procedemento de reposición do expediente DH.D15.30718.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal, e ao ser devolta polo servizo de Correos, publícase a apertura do prazo de alegacións que se concede á entidade Punta do Trei, S.L. no procedemento de reposición do expediente DH.D15.30718.

De acordo co establecido no artigo 61 da mencionada lei, o expediente relacionado está á disposición da interesada nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado. A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente notificación, para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia