Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de setembro de 2016 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D27.49315 e un máis.

O director de Augas de Galicia ditou as resolucións nos expedientes sancionadores referidos no anexo por infraccións en materia de dominio público hidráulico.

Unha vez intentada a notificación das ditas resolucións por correo certificado con aviso de recepción nos enderezos que constan nos expedientes, foron devoltas polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícanse as resolucións aos interesados e fáiselles saber que unha copia delas se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lles outorga un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación das ditas resolucións, tempo durante o cal poderán interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.D27.49315

Elsa Fernández Penabad

R/ Pedregás nº 41, 2º

15405 Ferrol

29.4.2016

Arquivamento

DH.D36.48523

Jesús Manuel Dono Iglesias

Marcenlos-Codeseda

36686 A Estrada

9.8.2016

Caducidade