Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de outubro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU2/31/2013).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de setembro de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/31/2013 a José Touriño Camiña como consecuencia de non cumprir co ordenado na Resolución do 18 de decembro de 2013, que ordenaba a demolición as obras de construción de vivenda unifamiliar illada de 137 m2 de superficie, composta de dúas plantas de altura e cuberta a unha auga formada por un forxado de formigón armado sen material de cubrición, promovidas polo interesado, na parcela 422 do polígono 19, con referencia catastral 36051A019004220000FO, no lugar de Fontenla, 156, Soutullo, Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 61 da LRXPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Signifícaselle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un simple acto de execución.

Caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se situe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística