Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de outubro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente IU3/98/2012-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 5 de setembro de 2016, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 8 de xuño de 2015, na cal se ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar e pendello anexo de planta baixa, sitas no Camiño de Pito s/n, no termo municipal de Barbadás, provincia de Ourense, por seren incompatibles co ordenamento xurídico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María Josefa Pérez Lorenzo e a Manuel Limia Vázquez, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida ao día seguinte da súa publicación.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística