Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49147

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da contratación da subministración de enerxía eléctrica para os edificios e instalacións públicas do Concello e do seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da subministración de enerxía eléctrica para os edificios e instalacións públicas do Concello de Sanxenxo e do seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración de enerxía eléctrica para os edificios e instalacións públicas do Concello de Sanxenxo e do seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo.

2. Duración do contrato: máxima de dous (2) anos.

3. Prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses), 588.289,75 €, sen incluír o IVE, o IVE ascende a 123.540,85 € e o orzamento máximo de licitación por ano, co IVE, é de 711.830,60 €. O orzamento máximo de licitación durante a total duración do contrato (dous anos), é de 1.176.579,50 €, sen incluír o IVE, o IVE ascende a 247.081,69 € e o orzamento máximo de licitación durante a total duración do contrato (dous anos), co IVE, é de 1.423.661,19 €. A cláusula 17ª do PCAP prevé unha modificación pola incorporación de novos puntos de subministración, que pode alcanzar en exceso ata un 10 por cento do prezo total do contrato, sendo o seu importe máximo, á vista do orzamento máximo de licitación durante a total duración do contrato, de 117.657,95 €, sen incluír o IVE, o IVE ascende a 24.708,17 € e importe máximo da modificación co IVE é de 142.366,12 €. O valor estimado do contrato, incluíndo a modificación prevista na cláusula 17ª do PCAP, é de 1.294.237,45 €, sen incluír o IVE, o IVE ascende a 271.789,86 € e o valor estimado do contrato, incluíndo a modificación prevista na cláusula 17ª do PCAP, co IVE, é de 1.566.027,31 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto.

5. Clasificación: non se exixe.

6. Solvencias:

a) Solvencia económica e financiera: acreditarase mediante o volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume no ámbito do contrato, dentro dos tres (3) últimos exercicios, por importe igual ou superior a 750.000,00 € co IVE. Será acreditado por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador dunha relación das subministracións de enerxía eléctrica durante os últimos cinco (5) anos anteriores á data de finalización de presentación de ofertas desta licitación, durante o ano de maior execución do período citado por importe igual ou superior a 783.013,66 € co IVE, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado destes. As subministracións acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Tamén será necesario acreditar que o licitador está na listaxe de comercializadores no mercado libre publicado pola Comisión Nacional da Enerxía, de conformidade co disposto no Real decreto 485/2009, do 3 de abril, polo que se regula a posta en marcha da subministración do último recurso no sector da enerxía eléctrica.

7. Criterios de adxudicación. Oferta económica: expresarase nunha cantidade en céntimos de euro con catro decimais para cada unha das tarifas que se sinalan no anexo II do prego de prescricións técnicas, que non poderá ser superior ás cantidades que se fixan no citado anexo. As cantidades non inclúen peaxes, nin o imposto eléctrico, nin o IVE.

8. Mesa de contratación: designados os seus membros o 6 de outubro de 2016, por resolución da Alcaldía, de acordo co lo sinalado na cláusula 9ª do prego administrativo respectivo e será constituída en virtude do disposto na cláusula 10ª de dito prego.

9. Garantías: garantía definitiva do 5 % do importe do orzamento máximo de licitación durante a duración total do contrato (1.176.579,50 €), excluído o IVE.

10. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres dentro do prazo de corenta (40) días naturais, contados desde a data de envío do anuncio de licitación á Comisión Europea, para a súa publicación no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE). Tamén será publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), Diario Oficial de Galicia (DOG) e Boletín Oficial da provincia (BOP) cunha antelación mínima non inferior a quince días (15) naturais na data de finalización do prazo de presentación de proposicións, que no caso de rematar en festivo ou sábado ampliarase ao seguinte día hábil. O anuncio tamén será publicado no perfil do contratante da paxina web do Concello de Sanxenxo.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. Perfil do contratante.

Sanxenxo, 10 de outubro de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde presidente