Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da contratación de pólizas de seguros en distintos ramos para garantir os riscos e continxencias derivados ou vinculados á actividade do Concello e do organismo autónomo Terra de Sanxenxo.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación de pólizas de seguros en distintos ramos para garantir os riscos e continxencias derivados ou vinculados á actividade do Concello de Sanxenxo e do organismo autónomo Terra de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación de pólizas de seguros en distintos ramos para garantir os riscos e continxencias derivados ou vinculados á actividade do Concello de Sanxenxo e do organismo autónomo Terra de Sanxenxo.

2. Duración do contrato: de dous (2) anos contados desde as 00.00 horas do día 1 de xaneiro de 2017, sen posibilidade de prórroga.

3. Prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación e valor estimado do contrato durante o ano 2017, 90.500,00 €, facendo constar que esta actividade está exenta do imposto sobre o valor engadido. O orzamento máximo de licitación e valor estimado do contrato durante o ano 2018, é de 95.000,00 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto.

5. Clasificación: non se exixe.

6. Documentación acreditativa da capacidade: os licitadores deberán presentar documentación acreditativa do Ministerio de Economía e Facenda que xustifique que o licitador está autorizado pola Dirección Xeral de Seguros para actuar como entidade aseguradora no ramo ou ramos a que pertenzan os seguros obxecto da presente contratación e que cumpren todos os requisitos exixidos no texto refundido da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados, aprobado polo Real decreto lexislativo 6/2004, do 29 de outubro (en diante, TRLOSSP), para o exercicio desta actividade.

7. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante o volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume dentro dos tres últimos exercicios, por importe igual ou superior a vez e media do valor anual medio do contrato (139.125,00 €). Non será necesario acreditar esta solvencia se o licitador está inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador dunha relación dos principais servizos, que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes, realizados nos últimos cinco (5) anos anteriores á data finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación, o licitador deberá acreditar como executado en servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo licitador e os que constitúen o obxecto do contrato, a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV (66), ao non estar encuadrado este contrato dentro dos grupos establecidos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXC), durante o ano de maior execución do período citado, un importe igual ou superior ao 70 % da anualidade media (64.925,00 €), sen incluír o IVE. Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Criterios de adxudicación: serán os seguintes que se valorarán e ponderarán como a continuación se sinala, xunto coa documentación que hai que presentar para que poidan puntuarse:

a) Plan de incremento de garantías: ata un máximo de quince (15) puntos. Para estes efectos os licitadores deberán presentar un plan onde describan e valoren os incrementos de garantías que oferten para as diversas pólizas obxecto deste contrato, sobre as garantías definidas no PPT. O plan deberá desagregar o incremento de garantías valorado para cada ramo das pólizas.

b) Plan de xestión de sinistros: ata un máximo de cinco (5) puntos. Para estes efectos os licitadores deberán presentar un plan onde describan a xestión de sinistros, coa xestión administrativa proposta polo licitador.

c) Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación polas dúas anualidades, que figura na cláusula 2ª do prego (185.500,00 €). Valorarase ata un máximo de oitenta (80) puntos.

9. Mesa de contratación: designados os seus membros o 6 de outubro de 2016, por resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado na cláusula 11ª do prego administrativo respectivo e será constituída en virtude do disposto na cláusula 12ª do dito prego.

10. Garantías: garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación.

11. Lugar e prazo de presentación de ofertas: o prazo de presentación de proposicións será de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (en diante, BOP), Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello de Sanxenxo, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo remata en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en sobres pechados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos exixidos na cláusula seguinte.

12. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. Perfil do contratante.

Sanxenxo, 10 de outubro de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde presidente