Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49146

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de modificación da delimitación do solo do núcleo rural de Merouzo Pequeno.

Aprobado inicialmente na Xunta de Goberno Local, por Acordo do 19 de setembro de 2016, o proxecto de modificación da delimitación de solo de núcleo rural de Merouzo Pequeno, promovido por Margarita Grande Feijoo e J. Ramón Rodríguez Fernández, e de conformidade co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses contado desde a última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e dous xornais de maior difusión na provincia de Ourense.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

A Merca, 14 de outubro de 2016

Manuel Jorge Velo Reinoso
Alcalde