Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49063

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1267/2016).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1267/2016 desta sección, seguido por instancia de David Oliveros Fernández contra Fogasa, Telepizza, S.A.U., Pulgar Pizza, S.L., Admón. Concursal Pulgar Pizza, S.L. (José Manuel Cortegoso Iglesias) sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos

Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por David Oliveros Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo con data do 14.12.2015, debemos revogar e revogamos a devandita resolución e con estimación parcial da demanda inicial formulada polo demandante, debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da cantidade de 1.231,37 € condenando a demandada Pulgar Pizza, S.L. ao seu recoñecemento e aboamento, coa absolución de Tele Pizza, S.A.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta T.S.X. Galicia sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinámolo.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Pulgar Pizza, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza