Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos nas especialidades de Acordeón (594401), Clave (594405), Instrumentos da Música Tradicional e Popular (Gaita) (594413), Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco (594417), Órgano (594420) e Dirección de Orquestra (594421), procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.
En consecuencia, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Acordeón (594401), Clave (594405), Instrumentos da Música Tradicional e Popular (Gaita) (594413), Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco (594417), Órgano (594420) e Dirección de Orquestra (594421).
Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos