Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 27 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a Resolución do 9 de setembro de 2016 na cal se declara a condición de mineromedicinal e termal das augas procedentes do manancial O Tinteiro número 81, situado no concello de Ourense.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, unha vez cumpridos todos os preceptos legais e regulamentarios, resolve o seguinte:

Publicar a declaración de mineromedicinal e termal das augas procedentes do manancial O Tinteiro nº 81, situado no concello de Ourense, declaración que queda suxeita aos requisitos establecidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 27 de setembro de 2016

Alfonso T. Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense