Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 122/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 122/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Castro López contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., se ditou auto do 29 de xullo de 2016, cuxa parte dispositiva é a seguinte resolución:

Acordo:

Apreciar cousa xulgada en canto á denegación do despacho de execución instado. Unha vez firme a presente resolución, arquívese a causa.

Lévese o orixinal ao libro de autos e déixese testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de 3 días e ante este mesmo órgano xurisdicional.

Así o acorda, manda e asina Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste xulgado. Dou fe.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza