Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS LMTA CII804 do CT Donón ao tramo CII8040644-reforma CT Donón, no concello de Cangas, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2015/107-4).

A instalación denominada LMTS LMTA CII804 do CT Donón ao tramo CII8040644-reforma CT Donón, no concello de Cangas, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 22 de novembro de 2016, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Cangas.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 14 de outubro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
LMTA CII804 do CT Donón-Cangas

Lugar

Cultivo

Representa

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 sub.

Concello

1

Lubriño

Matorral

Descoñecido

1

1

-

-

Cangas

2

Monte Coruxo

Vía acceso

Lino González Lemos

CMVMC do Hío

-

-

811

2.433

Cangas

3

Monte Coruxo

Agrario

Lino González Lemos

CMVMC do Hío

-

-

168

504

Cangas

4

Monte Coruxo

Vía acceso

Lino González Lemos

CMVMC do Hío

-

-

882

2.646

Cangas