Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial R.P. 86/2015-PO-PSC.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial R.P. 86/2015-PO-PSC.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde o día seguinte ao da publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Acto de notificación: resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial R.P. 86/2015-PO-PSC.

Data da resolución: 16 de setembro de 2016.

Interesado: Alfredo Budiño Gómez.

Último domicilio coñecido: rúa Rosalía de Castro, 10, 1º, 36930 Bueu (Pontevedra).