Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0884/2016-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0884/2016-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 21 de outubro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0884/2016-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Puente Marrozos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Vila de Cee, 14, 3º dereita, Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0964/2016-COO.

Persoa interesada: Bienvenido Borja Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar O Portiño, 30, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0965/2016-COO.

Persoa interesada: José Francisco Caamaño Gómez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar O Portiño, 28, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0967/2016-PPM.

Persoa interesada: Jonathan Borja Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar O Portiño, 30, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0968/2016-PPM.

Persoa interesada: José Jiménez Borja.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar O Portiño, 1, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-1010/2016-PPM.

Persoa interesada: Román Alberto Montero Lago.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Bazarra, 93, Cee.

Expediente: PSC-CO-1011/2016-PPM.

Persoa interesada: Héctor Rodríguez Ramos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Seijo Rubio, 9, 4º, A Coruña.