Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de outubro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Casas de los Profesores, solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Quenlla, Rapeira e Cachada, da parroquia de Currás (Portas), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2016, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Portas.

Parroquia: Currás.

Nome do monte: Casas de los Profesores.

Superficie da parcela: 804,64 m2.

Referencia catastral: 36040A013001720001YH.

Subparcela: A.

Lindeiros catastrais:

Norte: 36040A013001720001Y.

Sur: 36040A013001720001YH.

Leste: 36040A013001720001YH.

Oeste: estrada.

Lindeiros físicos:

Norte: MVMC de Quenlla, Rapeira e Cachada (garaxe e muro de bloques).

Sur: camiño.

Leste: muro de bloques de formigón e colexios.

Oeste: beirarrúas e estradas.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren conveniente e, se é o caso, propoñer proba en que concreten os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 17 de outubro de 2016

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora