Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48740

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (161/2016).

María del Carmen Álvarez Marqués, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, fago saber que neste xulgado, nos autos arriba referenciados, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Sarria, 3 de outubro de 2016.

Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, vistos os autos do xuízo verbal 161/2016 iniciado tras a interposición de demanda pola procuradora María del Carmen Fernández López, en nome e representación de Pedras e Lousas Valdeorras, S.L., baixo a dirección letrada de Isaac Trapote Fernández, contra Pulidos Begonte, S.L., en situación procesual de rebeldía, ditei a seguinte sentenza:

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Piedras y Pizarras Valdeorras, S.L contra Pulidos Begonte, S.L.

En consecuencia, que debo condenar e condeno a Pulidos Begonte a aboar a Piedras y Pizarras Valdeorras, S.L. a cantidade de 2.163,72 euros.

Esta cantidade percibirá o interese previsto na Lei 3/2004, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, conforme o exposto no fundamento de dereito cuarto desta sentenza.

As custas impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria.

E para que sirva de notificación en forma a Pulidos Begonte, S.L. cuxo paradoiro actual se descoñece, expídese e asínase o presente edicto.

Sarria, 3 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza