Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (59/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 59/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Guadalupe Pazos Concha contra a empresa Yare 2010, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Sentenza.

A Coruña, 6 de outubro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 59/2014, en que foron parte, dun lado como demandante María Guadalupe Pazos Concha, asistida polo letrado Pedro Pedreira Candal e, como demandados, Yare 2010, S.L e Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do Rei, a seguinte sentenza

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante María Guadalupe Pazos Concha, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Yare 2010, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.964,47 € polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Yare 2010, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza