Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48518

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (54/2011).

Procedemento ordinario 54/2011

Sobre outras materias

Demandante: Manuel Sánchez Sánchez

Procurador: Francisco Javier Fernández Somoza

Demandados: herdanza xacente de Constantino Requeijo Rey, herdanza xacente de José Requeijo Rey, herdanza xacente de Avelina Requeijo Rey

Cédula de notificación:

No procedemento de referencia ditouse a resolución do tenor literal seguinte:

«Sentenza.

A Estrada, 4 de xuño de 2014

Ivana Aisa Muíños Romero, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada e o seu partido, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario 54/2011, seguidos ante este xulgado por instancia de Manuel Sánchez Sánchez, representado polo procurador Sr. Sanmartín Losada e defendido polo letrado Sr. Tabora Sánchez, contra as herdanzas xacentes de Avelina, José e Constantino Requeijo Rey, en situación procesual de rebeldía ditou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte:

Sentenza:

Resolución:

Estímase a demanda interposta polo procurador Sr. Sanmartín Losada, en nome e representación de Manuel Sánchez Sánchez fronte ás herdanzas xacentes de Avelina, José e Constantino Requeijo Rey, en situación procesual de rebeldía.

En consecuencia, declárase disolta a situación de condominio existente ata a data respecto do predio número 672 do plano xeral da zona de concentración parceira de Santa Mariña de Ribeira (A Estrada), e procédese a venda deste en poxa pública, con admisión de licitadores estraños e con repartición do prezo en proporción á participación que demandantes e demandados teñan nas mencionadas parcelas.

As custas procesuais impóñense á parte demandada, en atención ao disposto no fundamento xurídico terceiro.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, que debe prepararse ante este xulgado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 7 de setembro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza