Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48514

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (487/2015).

Eu, Pilar Sánchez González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, por el presente edicto, anuncio que no procedemento ordinario 487/2015 seguido por instancia de Pra Iberia, S.L.U. fronte a Contabia Asesores y Consultores, S.R.L. e Jorge Nieto Carballo se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 27 de xuño de 2016

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario número 487/2015 promovidos por Pra Iberia, S.L. Unipersonal, representada pola procuradora dos tribunais Rosa Marquina Tesouro e asistida polo letrado Jordi Bosch i Viñas, contra a entidade Contabia Asesores y Consultores, S.R.L. e contra Jorge Nieto Carballo, ambos en rebeldía procesual, autos dos cales resulta o seguinte.

Decisión:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Pra Iberia, S.L. Unipersonal, representada pola procuradora dos tribunais Rosa Marquina Tesouro, contra a entidade Contabia Asesores y Consultores, S.R.L. e contra Jorge Nieto Carballo, ambos en rebeldía procesual e, en consecuencia, condeno solidariamente os citados demandados a satisfacer á demandante a cantidade de sete mil oitocentos cincuenta e sete euros con setenta e sete céntimos (7.857,77 euros) máis os xuros de demora conforme o pactado no contrato desde o 22 de outubro de 2010 ata o completo pagamento. Tamén con imposición das custas.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, encontrándose os ditos demandados, Contabia Asesores y Consultores, S.R.L. e Jorge Nieto Carballo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 4 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza