Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48500

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2016 pola que se adxudican as bolsas para a formación de persoal en réxime de empresa tutelada convocadas pola Orde do 3 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 124, do 1 de xullo).

A Orde da Consellería do Mar do 3 de xuño de 2016 (DOG núm. 124, do 1 de xullo) aprobaba as bases e procedía á convocatoria de bolsas para formación de persoal en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura.

Concluído o prazo de presentación de solicitudes e realizados os trámites previstos na referida orde, a comisión de avaliación, constituída ao abeiro do artigo 8.1 da convocatoria, avaliou os méritos dos solicitantes admitidos de acordo cos criterios fixados na convocatoria e elaborou unha relación de persoas propostas para a adxudicación das bolsas cos solicitantes que acadaron unha maior puntuación, así como unha listaxe de suplentes cos restantes candidatos admitidos, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.

En virtude do anterior, e vista a proposta de resolución, de conformidade co establecido no artigo 9 das bases da convocatoria,

RESOLVO:

1. Adxudicar as bolsas para formación de persoal en réxime de empresa tutelada, aos/ás candidatos/as que se relacionan no anexo desta resolución.

As persoas beneficiarias das bolsas integraranse no réxime xeral da Seguridade Social, de acordo co establecido no artigo 3 do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

De acordo co artigo 3.3 da convocatoria, a contía das bolsas será de 800 euros brutos mensuais, nos cales van incluídos os custos da cota obreira á Seguridade Social.

2. Establecer a listaxe de suplentes, por orde decrecente de puntuación, que se indica no anexo desta resolución, que poderá ser operativa no caso de que o/a bolseiro/a seleccionado/a non se incorpore na data establecida, cando manifeste expresamente a súa non aceptación á bolsa ou renuncie a esta unha vez aceptada, así como cando se proceda á súa revogación.

3. Non admitir as solicitudes presentadas polas persoas que se relacionan no anexo desta resolución, por non cumprir cos requisitos indicados (presentación fóra de prazo).

4. Aceptar a renuncia presentada por Alexis Araújo Sendín.

5. Os/as beneficiarios/as das bolsas deberán confirmar a súa aceptación ou renuncia no prazo de dez días naturais contados desde a publicación desta resolución no DOG.

Despois de transcorrer o dito prazo, se os/as beneficiarios/as non se declarasen en ningún sentido, entenderase que aceptan a bolsa.

6. As persoas beneficiarias das bolsas terán as obrigas establecidas no artigo 11 das bases da convocatoria.

7. O período de realización das bolsas é de dous anos comprendidos entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2018.

8. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Adxudicatarios/as

Apelido 1

Apelido 2

Nome

DNI

Punt. total

Importe

Méndez

Montenegro

José Carlos

35464798V

7,23

19.200 euros

Acuña

López

Iria

77416893C

7,10

19.200 euros

Sánchez

Prego

Juan José

78807432W

6,43

19.200 euros

Rivadeneira

Torres

Juan Gregorio

51102007D

5,28

19.200 euros

Suplentes

Apelido 1

Apelido 2

Nome

DNI

Punt. total

Abilleira

Simes

Sabela

35489965E

4,60

Gómez

Salguero

Rafael

78551624T

4,51

Piñeiro

Bellas

Jesús

32806597H

4,34

Solicitudes non admitidas

Apelido 1

Apelido 2

Nome

DNI

Causa exclusión

Aragunde

Vila

Rubén

35486440Q

Solicitude fóra de prazo

Castiñeiras

Troans

Adrián

35601601Q

Solicitude fóra de prazo