Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48503

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as condicións xerais do Programa Ignicia proba de concepto e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro de 2016, realízanse as correccións oportunas.

Na páxina 38932, artigo 1.2, onde di:

«2. Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento INXXX)».

Debe dicir:

«2. Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN855A)».

Na páxina 38936, artigo 6.2, onde di:

«2. Para os efectos de facilitar os procesos de avaliación por parte de expertos de nivel internacional, o anexo II terá que ser presentado en calquera das dúas linguas oficiais da nosa comunidade autónoma e en inglés».

Debe dicir:

«2. Para os efectos de facilitar os procesos de avaliación por parte de expertos de nivel internacional, os anexos II e III terán que ser presentados en calquera das dúas linguas oficiais da nosa comunidade autónoma e en inglés».