Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación número 2 do Proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras (Lugo), aprobada mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de setembro de 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise pública a aprobación definitiva, mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de setembro de 2016, da modificación nº 2 do Proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras (Lugo).

Así mesmo, en virtude do artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia (modificado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia) fanse públicas as modificacións efectuadas pola devandita modificación nº 2 no texto refundido das disposicións normativas do Proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras, no concello de Lugo (DOG núm. 229, do 30 de novembro de 2011), para a súa entrada en vigor:

• Número 4.1.7. Definicións.

Onde di:

– Altura libre de pisos.

Entenderase como a distancia desde a superficie do pavimento acabado ata a superficie inferior do teito da planta correspondente. Cando se trate de naves, a altura de planta e a altura libre de planta considéranse equivalentes.

– Superficie ocupada.

Modifícase por:

– Altura libre mínima de pisos.

Estará comprendida entre os seguintes valores:

• Comercial: 3,20 m en planta baixa e 3,00 metros en plantas distintas á baixa.

• Oficinas: 2,60 metros se está en plantas diferentes da baixa, admitíndose 2,40 metros na zona de aseos.

• Establecementos hoteleiros: 3,20 metros mínimo en zonas comúns de uso público, 2,60 metros mínimo en cuartos, admitíndose 2,40 metros na zona de aseos.

• Outros servizos terciarios: 3,20 metros mínimo; se existen elementos a distintos niveis ou decorativos nalgún punto da sala, a súa altura libre non será en ningún caso inferior a 2,80 metros, admitíndose 2,40 metros na zona de aseos.

• Industrial: en función da ordenanza e o tipo de actividade; nos lugares de traballo a altura mínima será de 3 metros.

• Equipamento comunitario: 3,20 metros mínimo.

• Sotos e semisotos: a altura libre en pezas non habitables non poderá ser inferior en ningún punto delas a 2,40 metros, medidos desde o pavimento da peza á cara inferior da placa, ou 2,20 metros a calquera elemento estrutural ou de instalacións que puider colgar por debaixo deste.

– Superficie ocupada.

• Número 4.1.8. Condicións xerais de uso. Definición de uso dotacional.

Onde di:

C. Uso dotacional: é o que serve para prover os cidadáns do equipamento que facilite e posibilite a súa educación, enriquecemento cultural, a súa saúde e benestar e para proporcionar os servizos propios da vida urbana tanto de carácter administrativo como de abastecemento ou infraestruturais.

Distínguense os seguintes tipos de usos dotacionais:

• Uso docente e investigador. Comprende o uso dotacional correspondente ás actividades formativas e de ensino e ás de investigación.

• Uso sanitario. Corresponde ás actividades de prestación de asistencia médica e servizos sanitarios e hospitalarios.

• Uso asistencial. Corresponde a aquelas actividades de tipo social de servizo a grupos que demandan unha atención diferenciada (centros de anciáns, de minusválidos, asilos, gardarías, etc.).

• Uso sociocultural. Comprende as actividades culturais asociativas e de relación social que impliquen locais permanentes (casas de cultura, museos, bibliotecas, auditorios,centros sociais, centros de reunión e congresos, etc.).

• Uso deportivo. Refírese ás actividades relacionadas coa práctica da cultura física e do deporte.

• Uso recreativo. Comprende as actividades relacionadas co lecer e os espectáculos.

• Uso de servizos urbanos. Comprende aquelas dotacións destinadas á provisión de servizos públicos de carácter específico, desenvolvidas por organismos públicos ou por entidades privadas de carácter subsidiario, tales como mercados de abastos, centros de comercio básico, matadoiros, instalacións e redes de transportes e comunicacións, instalacións para a subministración de servizos urbanísticos, etc.

• Uso de administración pública. Comprende as dotacións terciarias destinadas ao exercicio da administración pública, ao desenvolvemento das funcións públicas institucionais e á prestación de servizos públicos.

Modifícase por:

C. Uso dotacional: é o que serve para prover os cidadáns do equipamento que facilite e posibilite a súa educación, enriquecemento cultural, a súa saúde e benestar e para proporcionar os servizos propios da vida urbana tanto de carácter administrativo como de abastecemento ou infraestruturais.

Distínguense os seguintes tipos de usos dotacionais:

• Uso docente e investigador. Comprende o uso dotacional correspondente ás actividades formativas e de ensino e ás de investigación.

• Uso sanitario. Corresponde ás actividades de prestación de asistencia médica e servizos sanitarios e hospitalarios.

• Uso asistencial. Corresponde a aquelas actividades de tipo social de servizo a grupos que demandan unha atención diferenciada (centros de anciáns, de minusválidos, asilos, gardarías, etc.).

• Uso sociocultural. Comprende as actividades culturais asociativas e de relación social que impliquen locais permanentes (casas de cultura, museos, bibliotecas, auditorios,centros sociais, centros de reunión e congresos, etc.).

• Uso deportivo. Refírese ás actividades relacionadas coa práctica da cultura física e do deporte.

• Uso recreativo. Comprende as actividades relacionadas co lecer e os espectáculos.

• Uso de servizos urbanos. Comprende aquelas dotacións destinadas á provisión de servizos públicos de carácter específico, desenvolvidas por organismos públicos ou por entidades privadas de carácter subsidiario ou que teñan com obxecto principal da súa actividade a previsión dun servizo destas características, tales como mercados de abastos, centros de comercio básico, matadoiros, instalacións e redes de transportes e comunicacións instalacións para a subministración de servizos urbanísticos, etc.

• Uso de administración pública. Comprende as dotacións terciarias destinadas ao exercicio da administración pública, ao desenvolvemento das funcións públicas institucionais e á prestación de servizos públicos.

• Número 4.1.8. Condicións xerais de uso. Regulación do uso industrial e almacén.

Onde di:

Regulación do uso industrial e almacéns.

Enténdese nestas normas por uso industrial o correspondente aos edificios ou locais dedicados ao conxunto de operacións que se executen para a obtención e transformación de primeiras materias, a súa posterior transformación, o seu envasamento, almacenaxe, distribución e reparación. Inclúense na definición deste uso as actividades de artesanía, así como as actividades de almacenaxe e distribución de produtos e da venda por xunto.

Inclúe, en consecuencia, as seguintes actividades:

a) Produción, que comprende aquelas actividades que teñen como obxecto principal a obtención de produtos por procesos transformadores, e inclúe funcións técnicas e económicas especialmente ligadas á función principal, tales como a reparación, garda ou depósito de medios de produción e materias primas, así como a almacenaxe de produtos acabados para a súa subministración a grosistas, instaladores, fabricantes, etc.

Inclúense neste uso as actividades de investigación aplicada –que comprenden laboratorios, centros informáticos, etc.– complementarias e de servizo ás empresas.

b) Almacenaxe e comercio por xunto, que comprende aquelas actividades independentes que teñen como obxecto principal o depósito, garda ou almacenaxe de bens e produtos, así como as funcións de almacenaxe e distribución de mercadorías propias do comercio por xunto. Así mesmo, inclúense aquí outras funcións de depósito, garda ou almacenaxe ligadas a actividades principais de industria, comercio polo miúdo, transporte ou outros servizos de uso terciario, que requiren espazo adecuado separado das funcións básicas de produción, oficina ou despacho ao público.

c) Reparación e tratamento de produtos. Comprende aquelas actividades que teñen como función principal reparar ou tratar obxectos a fin de restauralos ou modificalos, pero sen que perdan a súa natureza inicial.

Os establecementos industriais, en función dos produtos que neles se obteñan, manipulen ou almacenen clasifícanse nos seguintes grupos:

Grupo 1º:

Industrias da construción: talleres de pintura e decoración; escultura, cantaría e pulimento de pedras artificiais; vidraría e, en xeral, os dedicados á preparación de materiais pétreos, naturais ou artificiais, cerámicos, vidros, areas e aglomerantes, etc. Almacéns de materiais de construción.

Grupo 2º:

Industrias electromecánicas: talleres e almacéns de ferraxaría, fontanaría, latón, broncistas, pratarías, fabricación de camas e mobles metálicos, carpintaría metálica, xoguetaría, óptica, mecánica de precisión e electrotécnica; reparacións electromecánicas, con exclusión dos destinados unicamente á reparación de automóbiles ou anexos ás instalacións de transportes urbanos; fabricación de instrumentos de música, etc.

Grupo 3º:

Industrias da madeira e o moble: talleres de carpintaría, tapizaría, decoración e acabamento de mobles onde a materia principal sexa a madeira e os seus derivados; xoguetaría non mecánica; instrumentos de música con caixa de madeira e os seus derivados; fabricación e preparación de embalaxes e de pasta de madeira, produtos sintéticos, celuloide, pasta de papel e cartón, etc. Almacéns destas industrias.

Grupo 4º:

Industrias químicas: talleres e laboratorios de preparación de produtos químicos en xeral; tratamentos químicos de produtos de calquera clase, mesmo de peles e o seu curtimento; produtos e especialidades farmacéuticas, produtos de perfumaría e limpeza, e fabricación de vidros, esmaltes, pinturas, lacas e vernices, etc. Almacéns de produtos químicos.

Grupo 5º:

Industrias téxtiles e do vestido: talleres de confección e adorno de roupas de todas clases; sombreiraría, zapataría e luvas; albardaría; reparación, acabamento, tinxidura e limpeza de roupas; confección de adornos, xoiaría e bixutería e talleres de fiadura, tecidos, encaixes, mesmo tinxidura, apresto e acabamento destes produtos, etc. Almacéns téxtiles.

Grupo 6º:

Industrias da alimentación: tafonas, fornos de confeitaría, galletas, etc.; preparación, refinación e corte de azucre; torrefacción de grans de café, cebada, chicoria, cacao e moenda e envasamento destes produtos; establecementos de frituras de produtos vexetais e animais, preparación e envase de leite e produtos lácteos; matanza de animais de curral e gando; preparación de conservas a base de carne e peixe; preparación de conservas vexetais, produtos alimenticios de todo tipo; preparación e envase de bebidas, fábricas de xeo, xeadarías e instalacións frigoríficas de conservación; fábricas de cervexa e fariñas, etc. Almacéns de produtos de alimentación.

Grupo 7º:

Industrias gráficas de elaboración de papel e cartón e da comunicación: talleres de imprenta, litografía, encadernación e artes gráficas en xeral; de corte, dobramento, engomaxe de obxectos de papel e cartón con impresión e sen ela; de gravado e fabricación de rótulos esmaltados; talleres e laboratorios de fotografía e artes fotomecánicas, de revelación, copia e montaxe de películas, estudos de dobraxe e sonorización, estudos de radio e televisión, etc. Almacéns de materiais relacionados con estas industrias.

Grupo 8º:

Instalación dos servizos de distribución de enerxía eléctrica, auga, limpeza e telecomunicacións: estacións de xeración, transporte, transformación e distribución de enerxía eléctrica; instalacións de elevación, condución, distribución e depuración de augas; limpeza, desinfección, destrución ou aproveitamento de produtos residuais urbanos, etc.

Grupo 9º:

Industrias do metal e construción de material móbil: construción de automóbil, transformados metálicos e construción de maquinaria e a súa almacenaxe.

Grupo 10º:

Industrias e almacéns agropecuarios: serradoiros e almacéns de madeira en bruto, almacéns de pensos, de produtos agrícolas e de maquinaria agropecuaria.

Os establecementos industriais, de acordo coa compatibilidade cos outros usos permitidos, que así se indiquen no proxecto sectorial clasifícanse nas seguintes categorías:

Categoría 1ª:

Pertencen a esta categoría as instalacións comprendidas nos seguintes grupos e nas condicións que se sinalan:

Do grupo 1º:

• As fábricas de produtos hidráulicos, pedra artificial, mosaicos e similares, cunha superficie máxima de 800 metros cadrados.

• Os talleres de serra e labra de pedra, mármores, etc. cunha superficie máxima de 800 metros cadrados.

• Os talleres de decoración, pintura, etc. con superficie máxima de 800 metros cadrados.

• Almacéns de materiais de construción, con 800 metros cadrados de superficie máxima.

Do grupo 2º:

• Os almacéns de produtos metalúrxicos clasificados.

• Os talleres electromecánicos con excepción de forxas mecánicas.

Do grupo 3º:

• Os talleres de carpintaría, tapizaría, decoración e acabamento de mobles cuxa materia prima sexa a madeira e os seus derivados, os de xoguetaría non mecánica, os de instrumentos musicais de madeira, a fabricación e preparación de embalaxes. Todos eles en superficie non superior a 800 metros cadrados.

Do grupo 4º:

• Os laboratorios de produtos químicos, pequenas fábricas de xabón, lixivia e perfumes coas seguintes limitacións:

a) Que non ocupen unha superficie superior a 800 metros cadrados.

b) Que non desprendan ningunha clase de ácidos ou lixos nocivos ou prexudiciais.

c) Que non vertan augas residuais nocivas para a depuración biolóxica das augas ou para a conservación dos condutos da rede de sumidoiros.

• As fábricas de cores de pintura coas limitacións anteriores e as establecidas para substancias inflamables e combustibles.

• Os laboratorios biolóxicos, coas mesmas limitacións, sempre que non posúan estancias de gando para un número de cabezas superior a sete.

• As manufacturas de caucho, coiro e materiais similares coas mesmas limitacións anteriores sempre que o volume máximo de substancias inflamables que se almacenen non excedan 500 quilos e os almacéns de substancias combustibles que non superen a cifra indicada.

Do grupo 5º:

• Os talleres de tinturaría, lavado e limpeza que empreguen potencia mecánica e líquidos inflamables para o seu traballo, coas limitacións establecidas para o grupo 4º, e sempre que a superficie ocupada non exceda 800 metros cadrados.

• As manufacturas téxtiles con superficie máxima de 800 metros cadrados.

Do grupo 6º:

• A preparación dos produtos alimenticios para o home e para o gando sen matanza nin utilización de produtos residuais do matadoiro, sempre que a superficie ocupada non exceda 800 metros cadrados.

• Almacéns e preparación de bebidas, licores, etc.; fábricas de gasosas e xeo coa súa superficie non superior a 800 metros cadrados.

Do grupo 7º:

• Todos os talleres de artes gráficas con superficie máxima de 800 metros cadrados.

• As manufacturas de papel e cartón con superficie máxima de 800 metros cadrados.

• As industrias e actividades de comunicación.

Do grupo 8º:

• Parques de limpeza.

• Todas as instalacións de distribución dos servizos de gas, auga e electricidade cando a súa localización en cuarteiróns industriais sexa compatible cos servizos que prestan.

Do grupo 10º:

• Os almacéns de produtos e maquinaria agrícola, con ou sen actividade comercial, que ocupen menos de 800 m2 de superficie.

Na categoría 1ª nos seus distintos grupos o equipo de forza motriz non excederá a potencia instalada de 30 CV.

• Condicións xerais para os almacéns da categoría 1ª:

Todas as clases de almacéns limitados a 800 m2, coas restricións establecidas nas de primeira categoría para substancias combustibles ou inflamables.

Estas restricións poderán atenuarse cando as condicións técnicas en que se establezan determinen unha seguridade contra accidentes tecnicamente suficiente.

Os núcleos industriais que agrupen industrias dunha mesma característica someteranse a illamentos especiais e a ordenanzas adecuadas ao tipo de industria e á localización proxectada.

Molestia, nocividade, insalubridade e perigo.

As definicións de actividade molesta, nociva, insalubre e perigosa e a determinación dos seus efectos contense no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro (derrogado pola Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera (BOE do 16.11.2007), e disposicións concordantes, e aplicarase aos usos tipificados polo dito decreto.

Os establecementos industriais da categoría 1ª, para cada actividade diferente que se leve a cabo, non excederán, por toda clase de efectos, a intensidade 3.

Os establecementos da categoría 2ª non poderán superar o índice 4 máis que para dúas clases de efectos.

Ademais de cumprir as condicións de edificación, os locais industriais instalaranse de forma que permitan previr os sinistros, combatelos e evitar a súa propagación. As actividades perigosas, en calquera caso, deberán respectar as normas específicas de aplicación xeral ditadas para cada produto polo organismo competente.

Quedan prohibidas as instalacións industriais catalogadas como insalubres, nocivas e perigosas no Decreto do 30 de novembro de 1961 (Decreto 2414/1961), (derrogado pola Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera (BOE do 16.11.2007) e nas súas sucesivas modificacións, que non cumpran os requisitos legais e regulamentariamente establecidos para evitar as súas prexudiciais consecuencias.

Modifícase por:

Regulación do uso industrial e almacéns.

Enténdese nestas normas por uso industrial o correspondente aos edificios ou locais dedicados ao conxunto de operacións que se executen para a obtención e transformación de primeiras materias, a súa posterior transformación, o seu envasamento, almacenaxe, distribución e reparación. Inclúense na definición deste uso as actividades de artesanía, así como as actividades de almacenaxe e distribución de produtos e da venda por xunto.

Inclúe, en consecuencia, as seguintes actividades:

a) Produción, que comprende aquelas actividades que teñen como obxecto principal a obtención de produtos por procesos transformadores, e inclúe funcións técnicas e económicas espacialmente ligadas á función principal tales como a reparación, garda ou depósito de medios de produción e materias primas, así como a almacenaxe de produtos acabados para a súa subministración a grosistas, instaladores, fabricantes, etc.

Inclúense neste uso as actividades de investigación aplicada –que comprenden laboratorios, centros informáticos, etc.– complementarias e de servizo ás empresas.

b) Almacenaxe e comercio por xunto, que comprende aquelas actividades independentes que teñen como obxecto principal o depósito, garda ou almacenaxe de bens e produtos, así como as funcións de almacenaxe e distribución de mercadorías propias do comercio por xunto. Así mesmo, inclúense aquí outras funcións de depósito, garda ou almacenaxe ligadas a actividades principais de industria, comercio polo miúdo, transporte ou outros servizos de uso terciario, que requiren espazo adecuado separado das funcións básicas de produción, oficina ou despacho ao público.

c) Reparación e tratamento de produtos. Comprende aquelas actividades que teñen como función principal reparar ou tratar obxectos a fin de restauralos ou modificalos, pero sen que perdan a súa natureza inicial.

Os establecementos industriais, en función dos produtos que neles se obteñan, manipulen ou almacenen clasifícanse nos seguintes grupos:

Grupo 1:

Talleres artesanais: comprende as actividades cuxa súa función principal é a obtención ou transformación de produtos por porcedementos non seriados ou en pequenas series, que poden ser vendidos directamente ao público ou a través de intermediarios.

Grupo 2:

Talleres industriais: aqueles en que se desenvolven operacións de carácter eminentemente non manual (mecánico, químico, biolóxico,…).

Grupo 3:

Talleres de automoción: comprende as actividades destinadas ao mantemento e reparación de vehículos.

Grupo 4:

Industria en edificio exclusivo.

Grupo 5:

Almacenaxe: comprende actividades adicadas ao depósito, garda, custodia, clasificación e distribución de bens, produtos e mercadorías con exclusiva subministración a grosistas, instaladores, fabricantes, distribuidores e, en xeral, servizos de venda por xunto.

Grupo 6:

Servizos empresariais: comprenden aquelas actividades baseadas fundamentalmente en novas tecnoloxías, manexo de información, cálculo e proceso de datos, desenvolvemento de software e sistemas informáticos e, en xeral, actividades de investigación e desenvolvemento.

En caso de usos industriais non incluídos expresamente na clasificación da presente normativa, serán de aplicación as condicións daquel ao que polas súas características máis se poida asemellar.

Os establecementos industriais, de acordo coa compatibilidade cos outros usos permitidos, que así se indiquen no proxecto sectorial, clasificaranse nas seguintes categorías:

▪ Categoría 1ª:

Pertencen a esta categoría as instalacións comprendidas nos seguintes grupos e nas condicións que se sinalan:

Grupo 1: os talleres artesanais que se consideran compatibles co uso terciario.

Grupo 2: os talleres industriais que:

a. No referente ás emisións potencialmente contaminadoras da atmosfera, aqueles que desenvolvan actividades que non estean clasificadas dentro dos grupos A ou B do Real decreto 100/2011 polo que se actualiza o catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera, segundo o establecido na Lei 34/2007, de calidade do aire e protección da atmosfera.

b. Non vertan augas residuais nocivas para a súa depuración biolóxica ou para a conservación dos condutos da rede de sumidoiros.

c. Os laboratorios biolóxicos, coas mesmas limitacións, sempre que non posúan estancias de gando para un número de cabezas superior a sete.

d. Cumpran as limitacións establecidas para substancias inflamables e combustibles. Estas limitacións poderán atenuarse cando as condicións técnicas en que se establezan determinen unha seguridade contra accidentes técnicamente suficientes.

Grupo 3: coas mesmas condicións que o grupo 2.

Grupo 4: coas mesmas condicións que o grupo 2.

Grupo 5: os almacéns que:

a. Cumpran as limitacións establecidas para substancias inflamables e combustibles. Estas limitacións poderán atenuarse cando as condicións técnicas en que se establezan determinen unha seguridade contra accidentes técnicamente suficientes.

Grupo 6: en caso de actividades de investigación e desenvolvemento que requiran a instalacións de salas de laboratorio, talleres de proba, ensamblaxe…, estes deberán cumprir as condicións establecidas para o grupo 2.

▪ Categoría 2ª:

Inclúense nesta categoría todas as industrias e almacéns non incluídos na categoría anterior por superaren os límites establecidos para ela.

Molestia, nocividade, insalubridade e perigo.

As definicións de actividade molesta, nociva, insalubre e perigosa e a determinación dos seus efectos serán as que determine a lexislación vixente.

• Número 4.1.8. Condicións xerais de uso. Regulación do uso comercial.

Onde di:

Regulación do uso comercial.

Establécense as seguintes categorías:

a) Pequeno comercio:

Cando a actividade comercial ten lugar en locais independentes de dimensión non superior a 500 metros cadrados de superficie útil de exposición e venda ao público.

b) Mediano comercio:

Cando a actividade comercial ten lugar en locais independentes de superficie útil de exposición e venda ao público comprendida entre 500 metros cadrados e 2.500 metros cadrados, ou agrupados en forma de galerías ou centros comerciais cunha superficie conxunta inferior á establecida para grandes establecementos comerciais.

c) Grandes establecementos comerciais:

Serán considerados grandes establecementos comerciais aqueles destinados ao comercio polo miúdo de calquera clase de artigo cunha superficie útil de exposición e venda ao público superior a 2.500 metros cadrados.

Enténdese por superficie de exposición e venda ao público aquela onde se produce o intercambio comercial, constituída polos espazos destinados á exposición ao público dos artigos ofertados, xa sexa mediante mostradores, estanterías, vitrinas, góndolas, cámaras ou murais, os probadores, as caixas rexistradoras e, en xeral, todos os espazos destinados á permanencia e paso do público, excluíndo expresamente as superficies destinadas a oficinas, aparcadoiros, zonas de carga e descarga e almacenaxe non visitables polo público e, en xeral, todas aquelas dependencias ou instalacións de acceso restrinxido a este, así como, no caso dos locais agrupados ou integrados en grandes superficies comerciais, os espazos interiores destinados a accesos comúns aos ditos locais.

Enténdese por locais independentes aqueles establecementos a que se accede directamente desde a vía pública ou espazos libres, e por locais agrupados, aquel conxunto de locais a que, desde a vía pública ou espazos libres, se accede por espazos edificados comúns.

Todos os locais de uso comercial deberán observar as seguintes condicións:

a) Os locais situados en nivel inferior á planta baixa non poderán ser independentes do local inmediato superior e estarán unidos a este por escaleira cun largo mínimo dun metro.

b) A altura libre mínima dos locais comerciais será de 3,20 m e deberán adaptarse ás condicións exixidas pola regulamentación sobre seguridade e saúde no traballo, ao Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas e demais normativa de aplicación.

b.1) Os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie de máis de 1.000 m2 deberán contar cunha altura libre mínima de 3,50 m.

b.2) Os establecementos comerciais a partir de 3.000 m2 deberán contar cunha altura libre de 4 m.

b.3) O semisoto e o primeiro soto deberán ter unha altura libre mínima de 3,50 m.

b.4) Os sotos só poderán destinarse a almacenaxe e cuartos de instalacións.

b.5) En todo caso, respectarase a altura máxima da ordenanza correspondente e as restantes condicións desta normativa.

c) Os aseos e equipamentos sanitarios axustaranse ao establecido pola normativa sectorial aplicable e disporán, en todo caso, de ventilación natural directa ou de ventilación natural inducida.

d) Os locais comerciais dispoñerán dos seguintes servizos sanitarios: ata 100 m2, un retrete e un lavabo; por cada 200 m2 máis ou fracción, aumentarase un retrete e un lavabo. A partir dos 100 m2 instalaranse con absoluta independencia para cada sexo. En calquera caso, estes servizos non poderán comunicar directamente co resto dos locais e, por conseguinte, deberán instalarse cun vestíbulo ou zona de illamento.

e) Nos locais comerciais que forman un conxunto como mercados, centros comerciais... poderán agruparse os servizos sanitarios correspondentes a cada local. O número de servizos virá determinado pola aplicación da condición anterior sobre a suma da superficie de locais, incluíndo os espazos comúns de uso público.

f) A luz e ventilación dos locais comerciais poderá ser natural ou artificial e observará o disposto na regulamentación sobre seguridade e saúde no traballo.

Se soamente ten luz e ventilación natural, os ocos de luz e ventilación terán que ter unha superficie total non inferior a un oitavo da que teña a planta do local, exceptuando os locais exclusivamente destinados a almacéns e corredores.

Exixirase a presentación dos proxectos detallados das instalacións de iluminación e acondicionamento de aire, que deberán ser previamente aprobados, co que estas instalacións quedan sometidas a revisión antes da apertura do local e en calquera momento. No caso de que non sexan satisfactorias ou non funcionen correctamente, o Concello poderá cerrar total ou parcialmente o local en canto non se adopten as medidas correctoras oportunas.

g) Dispoñerán das saídas de urxencia, accesos especiais para extinción, aparellos, instalacións e útiles que, en cada caso, e de acordo coa natureza e as características da actividade, resulten necesarios.

h) As estruturas da edificación serán resistentes ao lume e os materiais deberán ser incombustibles e de características tales que non permitan chegar ao exterior ruídos ou vibracións por riba dos niveis que se determinen.

i) Exixiranse as instalacións necesarias para garantir a supresión de molestias, cheiros, fumes, vibracións, etc.

Condicións particulares do uso hostaleiro:

a) Cumprirán as condicións de uso comercial e as que lle correspondan como actividade cualificada.

b) A altura mínima libre que deben ter os locais destinados a uso hostaleiro será de 3,20 metros medidos desde o chan da sala ao teito desta acabado. De existiren elementos a distintos niveis ou decorativos nalgún punto da sala, a súa altura libre non será en ningún caso inferior a 2,80 metros.

c) En planta soto, cando estea vinculada ao uso hostaleiro, permítese a localización de almacéns e aseos, que deberán cumprir coa normativa de seguridade e accesibilidade.

d) Todos os locais deberán cumprir coas normas de accesibilidade e coa normativa sectorial específica.

Modifícase por:

Regulación do uso comercial.

Establécense as seguintes categorías:

a) Pequeno comercio:

Cando a actividade comercial ten lugar en locais independentes de dimensión non superior a 500 metros cadrados de superficie útil de exposición e venda ao público.

b) Mediano comercio:

Cando a actividade comercial ten lugar en locais independentes de superficie útil de exposición e venda ao público comprendida entre 500 metros cadrados e 2.500 metros cadrados, ou agrupados en forma de galerías ou centros comerciais cunha superficie conxunta inferior á establecida para grandes establecementos comerciais.

c) Grandes establecementos comerciais:

Serán considerados grandes establecementos comerciais aqueles destinados ao comercio polo miúdo de calquera clase de artigo cunha superficie útil de exposición e venda ao público superior a 2.500 metros cadrados.

Enténdese por superficie de exposición e venda ao público aquela onde se produce o intercambio comercial, constituída polos espazos destinados á exposición ao público dos artigos ofertados, xa sexa mediante mostradores, estanterías, vitrinas, góndolas, cámaras ou murais, os probadores, as caixas rexistradoras e, en xeral, todos os espazos destinados á permanencia e paso do público, excluíndo expresamente as superficies destinadas a oficinas, aparcadoiros, zonas de carga e descarga e almacenaxe non visitables polo público e, en xeral, todas aquelas dependencias ou instalacións de acceso restrinxido a este, así como, no caso dos locais agrupados ou integrados en grandes superficies comerciais, os espazos interiores destinados a accesos comúns aos ditos locais.

Enténdese por locais independentes aqueles establecementos a que se accede directamente desde a vía pública ou espazos libres, e por locais agrupados, aquel conxunto de locais a que, desde a vía pública ou espazos libres, se accede por espazos edificados comúns.

Todos os locais de uso comercial deberán observar as seguintes condicións:

a) Os locais situados en nivel inferior á planta baixa, non poderán ser independentes do local inmediato superior, e estarán unidos a este por escaleira cun largo mínimo dun metro.

b.1) Os sotos só poderán destinarse a almacenaxe, cuartos de instalación e garaxe.

b.2) En todo caso, respectarase a altura máxima da ordenanza correspondente e as restantes condicións desta normativa.

c) Os aseos e equipamentos sanitarios axustaranse ao establecido pola normativa sectorial aplicable e disporán, en todo caso, de ventilación natural directa ou de ventilación natural inducida.

d) Nos locais comerciais que forman un conxunto como mercados, centros comerciais... poderán agruparse os servizos sanitarios correspondentes a cada local. O número de servizos virá determinado pola aplicación da condición anterior sobre a suma da superficie de locais, incluíndo os espazos comúns de uso público.

e) A luz e ventilación dos locais comerciais poderá ser natural ou artificial e observará o disposto na regulamentación sobre seguridade e saúde no traballo.

Se soamente ten luz e ventilación natural, os ocos de luz e ventilación terán que ter unha superficie total non inferior a un oitavo da que teña a planta do local, exceptuando os locais exclusivamente destinados a almacéns e corredores.

f) Dispoñerán das saídas de urxencia, accesos especiais para extinción, aparellos, instalacións e útiles que, en cada caso, e de acordo coa natureza e as características da actividade, resulten necesarios.

g) As estruturas da edificación serán resistentes ao lume e os materiais deberán ser incombustibles e de características tales que non permitan chegar ao exterior ruídos ou vibracións por riba dos niveis que se determinen.

h) Exixiranse as instalacións necesarias para garantir a supresión de molestias, cheiros, fumes, vibracións, etc.

Condicións particulares do uso hostaleiro:

a) Cumprirán as condicións de uso comercial e as que lle correspondan como actividade cualificada.

b) De existiren elementos a distintos niveis ou decorativos nalgún punto da sala, a súa altura libre non será en ningún caso inferior a 2,80 metros.

• Número 4.1.8. Condicións xerais de uso. Regulación do uso de oficinas.

Onde di:

Regulación do uso de oficinas.

Corresponde ás actividades cuxa función é prestar servizos administrativos, profesionais, financeiros, de información, de xestión e outros. Exclúense os servizos prestados polas administracións públicas que se inclúen no uso dotacional.

Condicións xerais.

a) Os aseos e equipamentos sanitarios desta clase de uso axustaranse ao establecido pola normativa sectorial aplicable e disporán, en todo caso, de ventilación natural directa ou ventilación natural conducida. Supletoriamente os locais disporán dos seguintes servizos sanitarios:

a.1) Ata 100 m2, un retrete e un lavabo. Por cada 100 m2 máis ou fracción aumentaranse un retrete e un lavabo.

a.2) A partir dos 100 m2 instalaranse con independencia para cada sexo.

a.3) Estes servizos non poderán comunicar directamente co resto dos locais e disporán dun vestíbulo de illamento.

Os edificios onde se instalen varias firmas poderán agrupar nun bloque as dotacións de aseos mantendo o número e condición con referencia á superficie total, incluídos os espazos comúns de uso público.

b) As oficinas que se establezan en semisotos non poderán ser independentes do local inmediato superior e estarán unidas a este por escaleiras cun largo mínimo de 1 metro cando sexan utilizadas polo público. A altura libre deste local en semisoto será de polo menos 2,70 m. Os locais situados no soto non poderán destinarse a outros usos distintos dos de almacenaxe, aparcadoiro e cuartos de instalacións.

Nas restantes plantas a altura libre mínima dos locais de oficinas será de 2,70 m.

c) A luz e ventilación dos locais e oficinas poderá ser natural ou artificial.

Se soamente ten luz e ventilación natural, os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a un oitavo da que teña a planta do local.

d) Exixirase a presentación dos proxectos detallados das instalacións de iluminación e acondicionamento de aire, que deberán ser previamente aprobados, co que estas instalacións quedan sometidas a revisión antes da apertura do local e en calquera momento.

No suposto de que non sexan satisfactorias ou non funcionen correctamente, a Administración poderá cerrar total ou parcialmente o local en canto non se adopten as medidas correctoras oportunas.

e) Exixiranse as instalacións necesarias para garantir á veciñanza e aos viandantes a supresión de molestias, cheiros, fumes, ruídos, vibracións, etc.

Modifícase por:

Regulación do uso de oficinas.

Corresponde ás actividades cuxa función é prestar servizos administrativos, profesionais, financeiros, de información, de xestión e outros. Exclúense os servizos prestados polas administracións públicas que se inclúen no uso dotacional.

Condicións xerais.

a) Os aseos e equipamentos sanitarios desta clase de uso axustaranse ao establecido pola normativa sectorial aplicable e disporán, en todo caso, de ventilación natural directa ou ventilación natural conducida.

b) As oficinas que se establezan en semisotos non poderán ser independentes do local inmediato superior e estarán unidas a este por escaleiras cun largo mínimo de 1 metro cando sexan utilizadas polo público. Os locais situados no soto non poderán destinarse a outros usos distintos dos de almacenaxe, aparcadoiro e cuartos de instalacións.

c) A luz e ventilación dos locais e oficinas poderá ser natural ou artificial.

Se soamente ten luz e ventilación natural, os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a un oitavo da que teña a planta do local.

d) Exixiranse as instalacións necesarias para garantir á veciñanza e aos viandantes a supresión de molestias, cheiros, fumes, ruídos, vibracións, etc.

• Número 4.1.8. Condicións xerais de uso. Regulación do uso de salas de reunión e espectáculos.

Onde di:

Condicións particulares do uso hostaleiro:

(…)

Regulación do uso de oficinas.

(…)

Regulación do uso de salas de reunión e espectáculos.

As condicións de aplicación serán as de uso comercial e as establecidas no Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.

• Número 4.2.6. Normas comúns de edificación. Condicións de seguridade.

Onde di:

4.2.6. Condicións de seguridade.

Axustaranse ao disposto na NBE CPI–96 e aos seus anexos, ordenanza xeral de seguridade e saúde no traballo e demais disposicións legais vixentes que lles sexan de aplicación.

Serán de obrigatorio uso, como mínimo, as seguintes:

Extintores manuais.

Aparellos de manexo manual que conteñan no seu interior unha carga (espuma, po seco ou anhídrido carbónico) que, impulsada por presión, permita sufocar lumes incipientes.

Levará incorporado un soporte para a súa fixación a paramentos verticais e o modelo que se empregue deberá estar homologado polo Ministerio de Industria.

A carga dos extintores que se coloquen determinarase como segue:

– En oficinas: un extintor por cada planta situado na caixa da escaleira e como mínimo cada 200 metros cadrados construídos ou fracción.

– En naves de fabricación ou almacenaxe: un extintor por cada 200 metros cadrados construídos ou fracción.

– Ademais, colocarase un extintor, como mínimo, nos locais que alberguen contadores de electricidade, depósitos de combustibles, centros de transformación, etc.

– Xustificarase a eficacia e tipo de axente extintor conforme a carga de lume previsible e tipo de lume, segundo o proceso industrial de que se trate.

Equipamentos de mangueira.

Instalacións de extinción de incendios formados por unha condución independente do resto da fontanaría e que terá, como mínimo, as seguintes características:

– Toma da rede xeral, con chaves de paso e válvula de retención.

– Condución capaz de soportar unha presión de 15 atmosferas.

– Equipamentos de mangueira, co correspondente armario de aloxamento, instalados en paramentos verticais, a 120 centímetros do pavimento e coas características especificadas na norma UNE 23.091.

Cando a rede de subministración non garanta unha presión dinámica mínima en punta de lanza de 3,5 kg/cm2 (344 kPa), instalarase un grupo de presión alimentado por un depósito de capacidade suficiente para manter durante 1 hora o funcionamento simultáneo de dúas bocas de incendio cun caudal mínimo unitario de 3,3 l/seg para as B.I.E. de 45 m/m D e 1,6 l/seg para as de 25 m/m de D. O grupo de presión e o depósito de auga situaranse sempre baixo a rasante do pavimento e nas zonas de recuamento da parcela ou en espazos libres da mesma, e non se permite a súa instalación no interior das oficinas ou naves.

O número mínimo de equipamentos de mangueira que se deben instalar determínase como segue:

– Oficinas: en cada planta, instalarase un equipamento por cada 40 metros ou fracción de lonxitude de fachada principal.

– Naves de fabricación ou almacenaxe: en cada planta instalarase un equipamento por cada 600 metros cadrados de nave, situados a unha distancia non superior a 40 metros uns dos outros e cun mínimo de dous equipamentos para naves inferiores a 600 metros cadrados. Os equipamentos instalaranse xunto á porta de entrada e saída da nave e polo seu interior.

Os restantes usos regularanse pola lexislación vixente que lle sexa aplicable en cada caso.

Modifícase por:

4.2.6. Condicións de seguridade.

Axustaranse ao disposto no Código técnico e aos seus anexos e demais disposicións legais vixentes que lles sexan de aplicación.

• Número 4.3.1. Normas particulares da edificación. Ordenanza 1. Edificación acaroada.

Onde di:

4.3.1. Ordenanza 1. Edificación acaroada.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos E2, E2a, E4, E4a, F2, F2a, F4, F4a, G2, G2a, H1, H1a, H3, H3a, I1, I1a, I3, I3a, J1, J1a, J3, J3a, K2, K2a, K4, K4a, L2, L2a, L4, L4a, M2, M2a, O2, O2a, O3, O3a, O4, O4a, O6, O6a, P2, P2a, P3, P3a, P4, P4a, P6 e P6a.

Regúlanse dúas variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 1.B. Comprende os ámbitos E2, E2a, E4, E4a, F2, F2a, F4, F4a, G2 e G2a.

Variante 1.C. Comprende os ámbitos H1, H1a, H3, H3a, I1, I1a, I3, I3a, J1, J1a, J3, J3a, K2, K2a, K4, K4a, L2, L2a, L4, L4a, M2, M2a, O2, O2a, O3, O3a, O4, O4a, O6, O6a, P2, P2a, P3, P3a, P4, P4a, P6 e P6a.

Definición. Regula a construción de naves acaroadas de tamaño pequeno e medio e ocupación intensiva da parcela.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Liña de edificación obrigatoria. Será a grafada en planos de ordenación.

Recuamentos. Establécense uns recuamentos mínimos de 10 metros á fronte de parcela.

Respecto ao fondo da parcela, a edificación poderá acaroarse ou recuarse. Neste último caso o recuamento mínimo será de 3 m.

Quedan prohibidos os recuamentos laterais.

Parcela mínima. 600 m2.

Parcela máxima. 6.000 m2.

Fronte mínima. 15 m.

Superficie de ocupación máxima. A resultante dos recuamentos establecidos.

Altura. A altura máxima da edificación será de 10 metros. Permítense ata un máximo de dúas plantas sobre rasante.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será 1 m2/m2.

Prohíbense os corpos voados pechados.

Permítense os espazos porticados.

– Usos permitidos:

Variante 1.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais de servizos urbanos.

Variante 1.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais na súa categoría 1ª, o uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil e o uso talleres de mantemento, entretemento, reparación e limpeza do automóbil cunha superficie máxima de 800 m2.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos e administración pública.

– Usos tolerados:

Variante 1.C.

Toléranse os usos de almacenaxe en todas as categorías.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos nos puntos anteriores.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a aparcadoiro e espazos libres.

O interior das parcelas debe acoller unha praza de aparcadoiro por cada 200 m2 construídos.

– Condicións particulares para as parcelas en esquina pertencentes a esta ordenanza.

Comprende os ámbitos E2a, E4a, F2a, F4a, G2a, H1a, H3a, I1a, I3a, J1a, J3a, K2a, K4a, L2a, L4a, M2a, O2a, O3a, O4a, O6a, P2a, P3a, P4a e P6a.

A superficie de ocupación máxima virá dada pola aplicación dos recuamentos mínimos. A altura máxima será a permitida nesta ordenanza.

A edificabilidade virá dada pola superficie máxima construída establecida para cada parcela no cadro de características.

O ámbito constitúe unha única parcela.

Deberán tratarse como fachada todas as frontes de parcela.

Modifícase por:

4.3.1. Ordenanza 1. Edificación acaroada.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos E2, E2a, E4, E4a, F2, F2a, F4, F4a, G2, G2a, H1, H1a, H3, H3a, I1, I1a, I3, I3a, J1, J1a, J3, J3a, K2, K2a, K4, K4a, L2, L2a, L4, L4a, M2, M2a, O2, O2a, O3, O3a, O4, O4a, O6, O6a, P2, P2a, P3, P3a, P4, P4a, P6 e P6a.

Regúlanse dúas variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 1.B. Comprende os ámbitos E2, E2a, E4, E4a, F2, F2a, F4, F4a, G2 e G2a.

Variante 1.C. Comprende os ámbitos H1, H1a, H3, H3a, I1, I1a, I3, I3a, J1, J1a, J3, J3a, K2, K2a, K4, K4a, L2, L2a, L4, L4a, M2, M2a, O2, O2a, O3, O3a, O4, O4a, O6, O6a, P2, P2a, P3, P3a, P4, P4a, P6 e P6a.

Definición. Regula a construción de naves acaroadas de tamaño pequeno e medio e ocupación intensiva da parcela.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Liña de edificación obrigatoria. Será a grafada en planos de ordenación.

Recuamentos. Establécense uns recuamentos mínimos de 10 metros á fronte de parcela.

Respecto ao fondo da parcela, a edificación poderá acaroarse ou recuarse. Neste último caso o recuamento mínimo será de 3 m.

Quedan prohibidos os recuamentos laterais.

Parcela mínima. 600 m2.

Parcela máxima. 6.000 m2.

Fronte mínima. 15 m.

Superficie de ocupación máxima. A resultante dos recuamentos establecidos.

Altura. A altura máxima da edificación será de 10 metros. Permítense ata un máximo de dúas plantas sobre rasante.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será 1 m2/m2.

Prohíbense os corpos voados pechados.

Permítense os espazos porticados.

– Usos permitidos:

Variante 1.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais de servizos urbanos.

Variante 1.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais na súa categoría 1ª, o uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil e o uso talleres de mantemento, entretemento, reparación e limpeza do automóbil.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos e administración pública.

– Usos tolerados:

Variante 1.C.

Toléranse os usos de almacenaxe en todas as categorías.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos nos puntos anteriores.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a aparcadoiro e espazos libres.

O interior das parcelas debe acoller unha praza de aparcadoiro por cada 200 m2 construídos.

– Condicións particulares para as parcelas en esquina pertencentes a esta ordenanza.

Comprende os ámbitos E2a, E4a, F2a, F4a, G2a, H1a, H3a, I1a, I3a, J1a, J3a, K2a, K4a, L2a, L4a, M2a, O2a, O3a, O4a, O6a, P2a, P3a, P4a e P6a.

A superficie de ocupación máxima virá dada pola aplicación dos recuamentos mínimos. A altura máxima será a permitida nesta ordenanza.

A edificabilidade virá dada pola superficie máxima construída establecida para cada parcela no cadro de características.

O ámbito constitúe unha única parcela.

Deberán tratarse como fachada todas as frontes de parcela.

• Número 4.3.2. Normas particulares da edificación. Ordenanza 2. Edificación semiacaroada.

Onde di:

4.3.2. Ordenanza 2. Edificación semiacaroada.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos E3, F3, G3, H2, I2, J2, J2a, J4, J4a, K3, L3, M1, M1a, M3, M3a, O1, O5, P1 e P5.

Regúlanse dúas variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 2.B. Comprende os ámbitos E3, F3 e G3.

Variante 2.C. Comprende os ámbitos H2, I2, J2, J2a, J4, J4a, K3, L3, M1, M1a, M3, M3a, O1, O5, P1 e P5.

Definición. Regula a construción de naves de tamaño medio, con ocupación parcial da parcela.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Liña de edificación obrigatoria. Será a grafada en planos de ordenación.

Recuamentos. Establécense uns recuamentos mínimos de 10 metros á fronte de parcela, de 10 metros ao fondo de parcela e de 5 metros a lindeiros laterais.

Permítese o acaroamento da edificación a un dos lindeiros laterais con parcelas reguladas pola mesma ordenanza e mantense para o lindeiro non acaroado o recuamento mínimo. O proxecto de parcelación definirá o linde lateral susceptible de acaroamento baixo o criterio xeral de acaroamento dous a dous coas excepcións de remate e contacto con vías.

No caso de parcelas con superficie maior ou igual a 10.000 m2, establecerase o recuamento obrigatorio a ambos os lindes laterais de 10 m e unha ocupación máxima resultante da aplicación dos recuamentos mínimos establecidos.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima.

Variante 2.B. 11.000 m2.

Variante 2.C. 18.500 m2 para os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

11.000 m2 para o resto dos usos permitidos nesta ordenanza.

Fronte mínima. Será de 30 m.

Altura. A altura máxima da edificación será de 12 metros. Permítense ata un máximo de tres plantas sobre rasante.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 0,9 m2/m2.

Prohíbense os corpos voados pechados.

Permítense os espazos porticados.

Permítese agrupar e segregar parcelas cumprindo as dimensións e frontes de parcela establecidos nesta ordenanza.

– Usos permitidos:

Variante 2.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais de docencia-investigación e de servizos urbanos excepto os de servizo directo ao público.

Variante 2.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais en categoría 1ª.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos, administración pública e docente-investigación.

– Usos tolerados:

Variante 2.C.

Toléranse os usos de almacenaxe en todas as súas categorías.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiro e espazos libres.

O interior das parcelas privadas debe acoller unha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 construídos de uso industrial e dúas prazas de aparcadoiro por cada 150 m2 construídos de uso terciario ou dotacional.

Cando a superficie de produción ou almacenaxe supere os 750 m2, a instalación dispoñerá dunha zona exclusiva de carga e descarga dos produtos no interior da parcela, de dimensión suficiente para estacionar un camión cunhas bandas perimetrais de 1 m.

Para superficies superiores a 1.500 m2 deberá duplicarse o dito espazo e engadirse unha unidade por cada 750 m2 máis de superficie de produción ou almacenaxe.

Para os efectos da aplicación das determinacións que fagan referencia á superficie de produción ou almacenaxe, esta dimensión entenderase como a suma da superficie útil de todos os locais destinados á actividade produtiva ou de almacén, así como aquela vencellada de forma directa ás ditas actividades; quedarán excluídas expresamente as superficies destinadas a oficina, exposición de produtos, venda e aparcadoiro de vehículos que non estean destinados ao transporte dos produtos.

– Estudos de detalle.

En parcelas con superficie igual ou maior a 10.000 m2 será obrigatoria a formulación dun estudo de detalle cun ámbito que será a totalidade da parcela, co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes e a ordenación do sobrante de parcela.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

– Condicións particulares para as parcelas en esquina pertencentes a esta ordenanza.

Comprende os ámbitos J2a, J4a, M1a e M3a.

A superficie de ocupación máxima e a altura virán dadas polos parámetros establecidos nesta ordenanza.

A edificabilidade virá dada pola superficie máxima construída establecida para cada parcela no cadro de características.

O ámbito constitúe unha única parcela.

Modifícase por:

4.3.2. Ordenanza 2. Edificación semiacaroada.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos E3, F3, G3, H2, I2, J2, J2a, J4, J4a, K3, L3, M1, M1a, M3, M3a, O1, O5, P1 e P5.

Regúlanse dúas variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 2.B. Comprende os ámbitos E3, F3 e G3.

Variante 2.C. Comprende os ámbitos H2, I2, J2, J2a, J4, J4a, K3, L3, M1, M1a, M3, M3a, O1, O5, P1 e P5.

Definición. Regula a construción de naves de tamaño medio, con ocupación parcial da parcela.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Liña de edificación obrigatoria. Será a grafada en planos de ordenación.

Recuamentos. Establécense uns recuamentos mínimos de 10 metros á fronte de parcela, de 10 metros ao fondo de parcela e de 5 metros a lindeiros laterais.

Permítese o acaroamento da edificación a un dos lindeiros laterais con parcelas reguladas pola mesma ordenanza, mantendo para o lindeiro non acaroado o recuamento mínimo. O proxecto de parcelación definirá o linde lateral susceptible de acaroamento baixo o criterio xeral de acaroamento dous a dous coas excepcións de remate e contacto con vías.

No caso de parcelas con superficie maior ou igual a 10.000 m2, establecerase o recuamento obrigatorio a ambos os lindes laterais de 10 m e unha ocupación máxima resultante da aplicación dos recuamentos mínimos establecidos.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima.

Variante 2.B. 11.000 m2.

Variante 2.C. 18.500 m2 para os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

11.000 m2 para o resto dos usos permitidos nesta ordenanza.

Fronte mínima. Será de 30 m.

Altura. A altura máxima da edificación será de 12 metros. Permítense ata un máximo de tres plantas sobre rasante.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 0,9 m2/m2.

Prohíbense os corpos voados pechados.

Permítense os espazos porticados.

Permítese agrupar e segregar parcelas cumprindo as dimensións e frontes de parcela establecidos nesta ordenanza.

– Usos permitidos:

Variante 2.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais de docencia-investigación e de servizos urbanos, excepto os de servizo directo ao público.

Variante 2.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais en categoría 1ª.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos, administración pública e docente-investigación.

– Usos tolerados:

Variante 2.C.

Toléranse os usos de almacenaxe en todas as súas categorías.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiro e espazos libres.

O interior das parcelas privadas debe acoller unha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 construídos de uso industrial e dúas prazas de aparcadoiro por cada 150 m2 construídos de uso terciario ou dotacional.

Cando a superficie de produción ou almacenaxe supere os 750 m2, a instalación dispoñerá dunha zona exclusiva de carga e descarga dos produtos no interior da parcela, de dimensión suficiente para estacionar un camión cunhas bandas perimetrais de 1 m.

Para superficies superiores a 1.500 m2 deberá duplicarse o dito espazo e engadirse unha unidade por cada 750 m2 máis de superficie de produción ou almacenaxe.

Para os efectos da aplicación das determinacións que fagan referencia á superficie de produción ou almacenaxe, esta dimensión entenderase como a suma da superficie útil de todos os locais destinados á actividade produtiva ou de almacén, así como aquela vencellada de forma directa ás ditas actividades; quedarán excluídas expresamente as superficies destinadas a oficina, exposición de produtos, venda e aparcadoiro de vehículos que non estean destinados ao transporte dos produtos.

– Estudos de detalle.

Para parcelacións, agrupación ou segregacións non será necesaria a formulación dun estudo de detalle.

En parcelas con superficie igual ou maior de 10.000 m2 será obrigatoria a formulación dun estudo de detalle cun ámbito que será a totalidade da parcela, co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes e a ordenación do sobrante de parcela.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

– Condicións particulares para as parcelas en esquina pertencentes a esta ordenanza.

Comprende os ámbitos J2a, J4a, M1a e M3a.

A superficie de ocupación máxima e a altura virán dadas polos parámetros establecidos nesta ordenanza.

A edificabilidade virá dada pola superficie máxima construída establecida para cada parcela no cadro de características.

O ámbito constitúe unha única parcela.

• Número 4.3.3. Normas particulares da edificación. Ordenanza 3. Edificación illada.

Onde di:

4.3.3. Ordenanza 3. Edificación illada.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os cuarteiróns B, C, D, N e Q e os ámbitos E1, F1, G1, H4, I4, K1, L1 e M4.

Regúlanse tres variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 3.A. Comprende os ámbitos K1.2 e L1.1.

Variante 3.B. Comprende os cuarteiróns B, C, D e os ámbitos E1, F1 e G1.

Variante 3.C. Comprende os cuarteiróns H4, I4, N, Q e o ámbito M4, K1.1 e L1.2.

Definición. Regula a construción de naves de tamaño grande, con ocupación parcial da parcela e recuada en todos os seus lindes.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Recuamentos. Os recuamentos mínimos a fronte e fondo de parcela serán de 10 metros e os recuamentos laterais de 10 m.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima. Non se establece.

Fronte mínima. Será de 50 m. Na variante 3.B a fronte mínima será de 40 m.

Superficie de ocupación máxima. Será a resultante da aplicación dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1,50 m2/m2 nos ámbitos K1.2 e L1.1 (ordenanza 3A) e de 1 m2/m2 para o resto dos ámbitos (ordenanzas 3B e 3C).

– Altura.

Variante 3.A.

A altura máxima de cuberta será de 16 metros. Permítense ata un máximo de catro plantas sobre rasante.

Variante 3.B.

A altura máxima de cuberta será de 12 metros. Permítense ata un máximo de dúas plantas sobre rasante.

Variante 3.C.

A altura máxima de cuberta será de 14 metros. Permítense ata un máximo de tres plantas sobre rasante.

Nas tres variantes o estudo de detalle poderá prever alturas superiores en función de significar elementos singulares na paisaxe urbana ou para dar cabida ás necesidades técnicas da instalación. Considéranse incluídas as instalacións de almacenamento automático de mercadorías.

– Usos permitidos:

Variante 3.A.

Os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil, exclusivamente nas variantes de garaxe-aparcadoiro privativo e de uso colectivo e estación de servizo.

Permítense os usos dotacionais.

Variante 3.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Variante 3.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais e o uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos e administración pública e docente-investigación.

– Usos tolerados:

Tolérase o uso vivenda destinada ao persoal encargado da vixilancia e conservación de industria, coas determinacións establecidas nas condicións xerais de uso, e cunha vivenda por parcela edificable de superficie maior ou igual a 6.500 m2, que non poderá ser menor de 50 m2 nin maior de 150 m2.

A superficie destinada a vivenda computarase como edificabilidade.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiro, espazos libres e almacenaxe.

O interior das parcelas privadas debe acoller en ordenanza 3A dúas prazas de aparcadoiro cada 130 m2 construídos, e en ordenanza 3B dúas prazas de aparcadoiro cada 150 m2 construídos. Na ordenanza 3C, o interior das parcelas privadas debe acoller unha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 construídos de uso industrial e dúas prazas de aparcadoiro por cada 150 m2 construídos de uso terciario.

A instalación disporá dunha zona exclusiva de carga e descarga dos produtos no interior da parcela, de dimensión suficiente para estacionar un camión cunhas bandas perimetrais de 1 m por cada 750 m2 de superficie de produción ou almacenaxe.

Para os efectos da aplicación das determinacións que fagan referencia á superficie de produción ou almacenaxe, esta dimensión entenderase como a suma da superficie útil de todos os locais destinados á actividade produtiva ou de almacén, así como aquela vencellada de forma directa ás ditas actividades. Quedarán excluídas expresamente as superficies destinadas a oficina, exposición de produtos, venda e aparcadoiros de vehículos que non estean destinados ao transporte dos produtos.

– Estudos de detalle.

Nos ámbitos H4, I4, K.1.1, K.1.2, L.1.1, L.1.2, nos cuarteiróns Q e N e en parcelas con superficie igual ou maior de 10.000 m2 será exixible a formulación dun estudo de detalle para a ordenación dos cuarteiróns co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes, a ordenación do sobrante de parcela, e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento; o estudo presentará o nivel de anteproxecto.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

– Condicións particulares para os cuarteiróns H4, I4, K1.1, K1.2, L1.1, L1.2.

O estudo de detalle prestará especial atención á formalización da fachada urbana con fronte á rúa F.

– Condicións particulares para os cuarteiróns N e Q.

Os espazos interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiros e espazos libres. Acondicioaranse coas condicións que se establecen nestas ordenanzas para as vías, aparcadoiros e zonas libres públicas, respectivamente.

No cuarteirón N, o lindeiro lateral en contacto coa zona libre onde se localiza o túmulo poderá delimitarse unicamente con elementos de tipo diáfano ata unha altura máxima de 2 m. No caso de que a explanación da parcela xere noiros neste lindeiro, deberán conformarse cunha pendente suave, que non será superior ao 20 % (1H:5V).

Antes da execución da edificación na parcela lindeira coa zona libre mencionada, na franxa delimitada polo recuamento mínimo lateral establecido de 10 m de largura deberá levarse a cabo a execución dunha pantalla vexetal entre a instalación industrial e a zona libre que alberga o elemento de valor arqueolóxico. Esta pantalla realizarase mediante a plantación de especies arbóreas perennes como o loureiro ou o acivro, en disposición triangular en dúas ringleiras paralelas, co porte axeitado para desenvolver a función de pantalla vexetal, sobre un parterre vexetal continuo ao longo do lindeiro e coa largura necesaria para albergar todas as árbores plantadas.

Modifícase por:

4.3.3. Ordenanza 3. Edificación illada.

Aplícase esta ordenanza ao conxunto das zonas delimitadas con esta calificación nos planos de ordenación.

Comprende os cuarteiróns B, C, D, N e Q e os ámbitos E1, F1, G1, H4, I4, K1, L1 e M4.

Regúlanse tres variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 3.A. Comprende os ámbitos K1.2 e L1.1.

Variante 3.B. Comprende os cuarteiróns B, C, D e os ámbitos, E1, F1, G1.

Variante 3.C. Comprende os cuarteiróns H4, I4, N, Q, e o ámbito M4, K1.1 e L1.2.

Definición. Regula a construción de naves de tamaño grande, con ocupación parcial da parcela e recuada en todos os seus lindes.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Recuamentos. Os recuamentos mínimos a fronte e fondo de parcela serán de 10 metros e os recuamentos laterais de 10 m.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima. Non se establece.

Fronte mínima. Será de 50 m. Na variante 3.B a fronte mínima será de 40 m.

Superficie de ocupación máxima. Será a resultante da aplicación dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1,50 m2/m2 nos ámbitos K1.2 e L1.1 (ordenanza 3A) e de 1 m2/m2 para o resto dos ámbitos (ordenanzas 3B e 3C).

– Altura.

Variante 3.A.

A altura máxima de cuberta será de 16 metros. Permítense ata un máximo de catro plantas sobre rasante.

Variante 3.B.

A altura máxima de cuberta será de 12 metros. Permítense ata un máximo de dúas plantas sobre rasante.

Variante 3.C.

A altura máxima de cuberta será de 14 metros. Permítense ata un máximo de tres plantas sobre rasante.

Nas tres variantes, o estudo de detalle poderá prever alturas superiores en función de significar elementos singulares na paisaxe urbana ou para dar cabida ás necesidades técnicas da instalación. Considéranse incluídas as instalacións de almacenamento automático de mercadorías.

– Usos permitidos:

Variante 3.A.

Os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil exclusivamente nas variantes de garaxe-aparcadoiro privativo e de uso colectivo e estación de servizo.

Permítense os usos dotacionais.

Variante 3.B.

Permítense os usos industriais en todas as súas variantes.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Variante 3.C.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais e o uso garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil.

Permítense os usos dotacionais seguintes: deportivo, recreativo, servizos urbanos e administración pública e docente-investigación.

– Usos tolerados:

Tolérase o uso de vivenda destinada ao persoal encargado da vixilancia e conservación de industria, coas determinacións establecidas nas condicións xerais de uso, e cunha vivenda por parcela edificable de superficie maior ou igual a 6.500 m2, que non poderá ser menor de 50 m2 nin maior de 150 m2.

A superficie destinada a vivenda computarase como edificabilidade.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

Os espazos libres interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiro, espazos libres e almacenaxe.

O interior das parcelas privadas debe acoller en ordenanza 3A dúas prazas de aparcadoiro cada 130 m2 construídos, e na ordenanza 3B dúas prazas de aparcadoiro cada 150 m2 construídos. Na ordenanza 3C, o interior das parcelas privadas debe acoller unha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 construídos de uso industrial e dúas prazas de aparcadoiro por cada 150 m2 construídos de uso terciario.

A instalación disporá dunha zona exclusiva de carga e descarga dos produtos no interior da parcela, de dimensión suficiente para estacionar un camión cunhas bandas perimetrais de 1 m por cada 750 m2 de superficie de produción ou almacenaxe.

Para os efectos da aplicación das determinacións que fagan referencia á superficie de produción ou almacenaxe, esta dimensión entenderase como a suma da superficie útil de todos os locais destinados á actividade produtiva ou de almacén, así como aquela vencellada de forma directa ás ditas actividades. Quedarán excluídas expresamente as superficies destinadas a oficina, exposición de produtos, venda e aparcadoiros de vehículos que non estean destinados ao transporte dos produtos.

– Estudos de detalle.

Para parcelacións, agrupacións ou segregacións non será necesaria a formulación dun estudo de detalle.

Co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes, a ordenación do sobrante de parcela e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento, nas parcelas dos ámbitos H4, I4, K.1.1, K.1.2, L.1.1, L.1.2, dos cuarteiróns Q e N e en parcelas con superficie igual ou maior a 10.000 m2 será exixible a formulación dun estudo de detalle para a ordenación da parcela; o estudo presentará o nivel de anteproxecto.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

– Condicións particulares para os cuarteiróns H4, I4, K1.1, K1.2, L1.1, L1.2.

O estudo de detalle prestará especial atención á formalización da fachada urbana con fronte á rúa F.

– Condicións particulares para os cuarteiróns N e Q.

Os espazos interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiros e a espazos libres. Acondicioaranse coas condicións que se establecen nestas ordenanzas para as vías, aparcadoiros e zonas libres públicas, respectivamente.

No cuarteirón N, o lindeiro lateral en contacto coa zona libre onde se localiza o túmulo poderá delimitarse unicamente con elementos de tipo diáfano ata unha altura máxima de 2 m. No caso de que a explanación da parcela xere noiros neste lindeiro, deberán conformarse cunha pendente suave que non será superior ao 20 % (1H:5V).

Antes da execución da edificación na parcela lindeira coa zona libre mencionada, na franxa delimitada polo recuamento mínimo lateral establecido de 10 m de largura deberá levarse a cabo a execución dunha pantalla vexetal entre a instalación industrial e a zona libre que alberga o elemento de valor arqueolóxico. Esta pantalla realizarase mediante a plantación de especies arbóreas perennes como o loureiro ou o acivro, en disposición triangular en dúas ringleiras paralelas, co porte axeitado para desenvolver a función de pantalla vexetal, sobre un parterre vexetal continuo ao longo do lindeiro e coa largura necesaria para albergar todas as árbores plantadas.

• Número 4.3.4. Normas particulares da edificación. Ordenanza 4. Área de servizos ao transporte.

Onde di:

4.3.4. Ordenanza 4. Área de servizos ao transporte.

Aplícase esta ordenanza á zona delimitada con esta calificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos A1 e A2.

Regúlanse dúas variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 4.A. Comprende o ámbito A1.

Variante 4.B. Comprende o ámbito A2.

Definición. Regula a construción de naves e edificios ao servizo das actividades relacionadas co transporte e coa estadía e aloxamento temporal de vehículos e transportistas (estación de servizo, talleres de mantemento e reparación, hotel, vestiarios, establecementos hostaleiros, área de estacionamento e descanso, espazos de almacenaxe, oficinas de servizos, etc.).

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Recuamentos. Non se establecen.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima. Non se establece.

Fronte mínima. Será de 40 m.

Superficie de ocupación máxima.

Variante 4.A. A ocupación máxima pola edificación non superará o 50 % do solo.

Variante 4.B. A ocupación máxima pola edificación poderá alcanzar o 70 % do solo.

Altura. A altura máxima da edificación será de 14 metros e tres plantas excepto para o uso hoteleiro, para o cal non se establece altura máxima. A resultante será a estudo de detalle.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1 m2/m2.

– Usos permitidos:

Variante 4.A.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais seguintes: almacenaxe e comercio por xunto.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Variante 4.B.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil, exclusivamente nas variantes de garaxe-aparcadoiro privativo e de uso colectivo.

Permítense os usos dotacionais.

– Usos tolerados:

Tolérase o uso de vivenda destinada ao persoal encargado da vixilancia e conservación das instalacións, coas determinacións establecidas nas condicións xerais de uso e cunha vivenda por parcela edificable de superficie maior ou igual a 6.500 m2, que non poderá ser menor de 50 m2 nin maior de 150 m2.

A superficie destinada a vivenda computarase como edificabilidade.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

No ámbito A1 deberá reservarse un 30 % do solo para área de estacionamento de vehículos pesados.

O interior das parcelas privadas en ordenanza 4A debe acoller unha praza de aparcadoiro cada 100 m2 construídos en caso de uso industrial, e dúas cada 150 m2 en uso terciario. En ordenanza 4B, o interior das parcelas privadas debe acoller dúas prazas de aparcadoiro por cada 150 m2.

As instalacións de almacenaxe e comercio por xunto disporán dunha zona exclusiva de carga e descarga dos produtos no interior da parcela, de dimensión suficiente para estacionar un camión cunhas bandas perimetrais de 1 m por cada 750 m2 de superficie de produción ou almacenaxe ou distribución.

Para os efectos da aplicación das determinacións que fagan referencia á superficie de distribución ou almacenaxe, esta dimensión entenderase como a suma da superficie útil de todos os locais destinados á actividade de almacén, ou vencellada de forma directa a ela. Quedarán excluídas expresamente as superficies destinadas a oficina, exposición de produtos, venda e aparcadoiro de vehículos que non estean destinados ao transporte dos produtos.

– Estudos de detalle.

Será obrigatoria a formulación dun estudo de detalle para cada un dos ámbitos co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes, a ordenación das áreas de servizo, de estacionamento e dos espazos libres interiores, e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento, o estudo de detalle presentará o nivel de anteproxecto. A ordenación volumétrica prestará especial atención ás condicións de integración paisaxística de instalacións e edificios dentro dos requirimentos dos seus programas.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

O estudo de detalle prestará especial atención ao contacto entre as zonas libres privadas e a área de estacionamento de vehículos pesados coa zona libre lindeira, valorando a posibilidade dunha solución de continuidade entre elas se se estima adecuado.

Modifícase por:

4.3.4. Ordenanza 4. Área de servizos ao transporte.

Aplícase esta ordenanza á zona delimitada con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos A1 e A2.

Regúlanse dúas variantes dentro da ordenanza atendendo aos usos permitidos:

Variante 4.A. Comprende o ámbito A1.

Variante 4.B. Comprende o ámbito A2.

Definición. Regula a construción de naves e edificios ao servizo das actividades relacionadas co transporte e coa estadía e aloxamento temporal de vehículos e transportistas (estación de servizo, talleres de mantemento e reparación, hotel, vestiarios, establecementos hostaleiros, área de estacionamento e descanso, espazos de almacenaxe, oficinas de servizos, etc.).

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Recuamentos. Non se establecen.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima. Non se establece.

Fronte mínima. Será de 40 m.

Superficie de ocupación máxima.

Variante 4.A. A ocupación máxima pola edificación non superará o 50 % do solo.

Variante 4.B. A ocupación máxima pola edificación poderá alcanzar o 70 % do solo.

Altura. A altura máxima da edificación será de 14 metros e tres plantas excepto para o uso hoteleiro, para o cal non se establece altura máxima. A resultante será a estudo de detalle.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1 m2/m2.

– Usos permitidos:

Variante 4.A.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial e oficinas.

Permítense os usos industriais seguintes: almacenaxe e comercio por xunto.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil en todas as súas variantes.

Variante 4.B.

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil exclusivamente nas variantes de garaxe-aparcadoiro privativo e de uso colectivo.

Permítense os usos dotacionais.

– Usos tolerados:

Tolérase o uso de vivenda destinada ao persoal encargado da vixilancia e conservación das instalacións, coas determinacións establecidas nas condicións xerais de uso e cunha vivenda por parcela edificable de superficie maior ou igual a 6.500 m2, que non poderá ser menor de 50 m2 nin maior de 150 m2.

A superficie destinada a vivenda computarase como edificabilidade.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

No ámbito A1 deberá reservarse un 30 % do solo para área de estacionamento de vehículos pesados.

O interior das parcelas privadas na ordenanza 4A debe acoller unha praza de aparcadoiro cada 100 m2 construídos en caso de uso industrial e dúas cada 150 m2 en uso terciario. Na ordenanza 4B, o interior das parcelas privadas debe acoller dúas prazas de aparcadoiro por cada 150 m2.

As instalacións de almacenaxe e comercio por xunto disporán dunha zona exclusiva de carga e descarga dos produtos no interior da parcela, de dimensión suficiente para estacionar un camión cunhas bandas perimetrais de 1 m por cada 750 m2 de superficie de produción ou almacenaxe ou distribución.

Para os efectos da aplicación das determinacións que fagan referencia á superficie de distribución ou almacenaxe, esta dimensión entenderase como a suma da superficie útil de todos os locais destinados a actividade de almacén, ou vencellada de forma directa a ela. Quedarán excluídas expresamente as superficies destinadas a oficina, exposición de produtos, venda e aparcadoiro de vehículos que non estean destinados ao transporte dos produtos.

– Estudos de detalle.

Para parcelacións, agrupación ou segregacións non será necesaria a formulación dun estudo de detalle.

Será obrigatoria a formulación dun estudo de detalle para cada un dos ámbitos co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes, a ordenación das áreas de servizo, de estacionamento e dos espazos libres interiores e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento; o estudo de detalle presentará o nivel de anteproxecto. A ordenación volumétrica prestará especial atención ás condicións de integración paisaxística de instalacións e edificios dentro dos requirimentos dos seus programas.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

O estudo de detalle prestará especial atención ao contacto entre as zonas libres privadas e a área de estacionamento de vehículos pesados coa zona libre lindeira, valorando a posibilidade dunha solución de continuidade entre elas se se estima adecuado.

• Número 4.3.5. Normas particulares da edificación. Ordenanza 5. Área de servizos xerais.

Onde di:

4.3.5. Ordenanza 5. Área de servizos xerais.

Aplícase esta ordenanza ás zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos R e S.

Definición. Regula a construción de edificios de usos terciarios e de actividades relacionadas cos servizos á poboación e servizos ás empresas.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Recuamentos. Os recuamentos mínimos a fronte e fondo de parcela serán de 10 metros.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima. Non se establece.

Fronte mínima. Será de 50 m.

Superficie de ocupación máxima. A ocupación máxima pola edificación non superará o 60 % do solo.

Os espazos interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiro e a espazos libres. Deberanse acondicionar coas condicións que se establecen nestas ordenanzas para as vías, aparcadoiros e zonas libres públicas, respectivamente.

Altura. A altura tipo da edificación poderá alcanzar 16 metros, con catro plantas sobre rasante, excepto para o uso hoteleiro, para o cal non se establece altura máxima. O estudo de detalle poderá prever alturas superiores en función de significar elementos singulares na paisaxe urbana.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1,40 m2/m2.

– Usos permitidos:

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil exclusivamente nas variantes de garaxe-aparcadoiro privativo e de uso colectivo.

Permítense os usos dotacionais.

– Usos tolerados:

Tolérase o uso de vivenda destinada ao persoal encargado da vixilancia e conservación da industria, coas determinacións establecidas nas condicións xerais de uso e cunha vivenda por parcela edificable de superficie maior ou igual a 6.500 m2, que non poderá ser menor de 50 m2 nin maior de 150 m2.

A superficie destinada a vivenda computarase como edificabilidade.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

O interior das parcelas privadas debe acoller dúas prazas de aparcadoiro cada 150 m2 construídos.

– Estudos de detalle.

Estas pezas estratéxicas deberán ser desenvoltas mediante os respectivos estudos de detalle co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes, a ordenación do sobrante de parcela, e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento, desenvolvendo unha proposición de conxunto na escala do anteproxecto arquitectónico.

O ritmo e características da parcelación estableceranse en coherencia coa proposta de ordenación volumétrica e arquitectónica recollida no estudo de detalle.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

Coidarase o contacto entre as zonas verdes privadas do interior das parcelas e os espazos libres públicos de contacto, procurando unha solución de continuidade entre eles. O estudo de detalle prestará especial atención á formalización da fachada urbana con fronte á rúa D.

Modifícase por:

4.3.5. Ordenanza 5. Área de servizos xerais.

Aplícase esta ordenanza ás zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os ámbitos R e S.

Definición. Regula a construción de edificios de usos terciarios e de actividades relacionadas cos servizos á poboación e servizos ás empresas.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Recuamentos. Os recuamentos mínimos a fronte e fondo de parcela serán de 10 metros.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima. Non se establece.

Fronte mínima. Será de 50 m.

Superficie de ocupación máxima. A ocupación máxima pola edificación non superará o 60 % do solo.

Os espazos interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiro e a espazos libres. Deberanse acondicionar coas condicións que se establecen nestas ordenanzas para as vías, aparcadoiros e zonas libres públicas, respectivamente.

Altura. A altura tipo da edificación poderá alcanzar 16 metros, con catro plantas sobre rasante, excepto para o uso hoteleiro, para o cal non se establece altura máxima. O estudo de detalle poderá prever alturas superiores en función de significar elementos singulares na paisaxe urbana.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1,40 m2/m2.

– Usos permitidos:

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil exclusivamente nas variantes de garaxe-aparcadoiro privativo e de uso colectivo.

Permítense os usos dotacionais.

– Usos tolerados:

Tolérase o uso vivenda destinada ao persoal encargado da vixilancia e conservación da industria, coas determinacións establecidas nas condicións xerais de uso, e cunha vivenda por parcela edificable de superficie maior ou igual a 6.500 m2, que non poderá ser menor de 50 m2 nin maior de 150 m2.

A superficie destinada a vivenda computarase como edificabilidade.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

O interior das parcelas privadas debe acoller dúas prazas de aparcadoiro cada 150 m2 construídos.

– Estudos de detalle.

Para parcelacións, agrupacións ou segregacións non será necesaria a formulación dun estudo de detalle.

Estas pezas estratéxicas deberán ser desenvoltas mediante os respectivos estudos de detalle co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes, a ordenación do sobrante de parcela e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento, desenvolvendo unha proposición de conxunto na escala do anteproxecto arquitectónico.

O ritmo e características da parcelación estableceranse en coherencia coa proposta de ordenación volumétrica e arquitectónica recollida no estudo de detalle.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Será a resultante dos recuamentos mínimos obrigatorios.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

Coidarase o contacto entre as zonas verdes privadas do interior das parcelas e os espazos libres públicos de contacto, procurando unha solución de continuidade entre eles. O estudo de detalle prestará especial atención á formalización da fachada urbana con fronte á rúa D.

• Número 4.3.6. Normas particulares da edificación. Ordenanza 6. Área de servizos do río Rato.

Onde di:

4.3.6. Ordenanza 6. Área de servizos do río Rato.

Aplícase esta ordenanza ás zonas delimitadas con esta cualificación nos planos de ordenación.

Comprende os cuarteiróns T e U.

Definición. Regula a construción de edificios illados en contacto co parque do río Rato.

Aliñación. Será a indicada en planos de ordenación.

Recuamentos. Os recuamentos mínimos a todos os lindeiros da parcela serán de 5 metros para parcelas que non abrangan un ámbito completo (T ou U). Noutro caso, será o estudo de detalle o que defina a posición da edificación respecto aos lindeiros da parcela.

Parcela mínima. Non se establece.

Parcela máxima. Non se establece.

Fronte mínima. Será de 50 m.

Superficie de ocupación máxima. A ocupación máxima pola edificación non superará o 60 % do solo.

Os espazos interiores non ocupados pola edificación destinaranse a vías interiores, aparcadoiro e a espazos libres. Deberanse acondicionar coas condicións que se establecen nestas ordenanzas para as vías, aparcadoiros e zonas libres públicas.

Altura. A altura tipo da edificación poderá alcanzar 15 metros, con catro plantas sobre rasante. O estudo de detalle poderá prever alturas superiores en función de significar elementos singulares na paisaxe urbana.

Edificabilidade. A edificabilidade máxima será de 1,00 m2/m2.

– Usos permitidos:

Permítense os usos terciarios seguintes: comercial, oficinas e hoteleiro.

Permítense os usos garaxe-aparcadoiro e servizo do automóbil.

Permítense os usos dotacionais en todas as súas variantes.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

O interior das parcelas privadas debe acoller dúas prazas de aparcadoiro cada 150 m2 construídos.

– Estudos de detalle.

No caso de que a parcela abranga un ámbito completo (T ou U) será obrigatoria a formulación dun estudo de detalle co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes, a ordenación do sobrante de parcela e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento, desenvolvendo unha proposición de conxunto na escala do anteproxecto arquitectónico.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Non se establece.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

Os volumes edificados serán fraccionados a prol de garantir a súa integración paisaxística e ambiental no parque do río Rato.

O estudo de detalle resolverá o encontro das parcelas privadas coa zona verde contigua, ademais de considerar a permeabilidade desde a rúa A ao parque do Rato.

No cuarteirón T, ademais dos anteriores, permítense os usos industriais na súa categoría 1ª.

– Usos prohibidos:

Todos os demais usos non incluídos no punto anterior.

O interior das parcelas privadas debe acoller dúas prazas de aparcadoiro cada 150 m2 construídos. No cuarteirón T, en caso de dedicar a parcela a uso industrial, a dita dotación poderá reducirse xustificadamente en proporción á superficie dedicada a tal uso.

– Estudos de detalle.

Para parcelacións, agrupación ou segregacións non será necesaria a formulación dun estudo de detalle.

No caso de que a parcela abranga un ámbito completo (T ou U) será obrigatoria a formulación dun estudo de detalle co obxecto de producir a ordenación de volumes, o axuste de rasantes, a ordenación do sobrante de parcela e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento, desenvolvendo unha proposición de conxunto na escala do anteproxecto arquitectónico.

– Condicións para o estudo de detalle.

Área de movemento da edificación. Non se establece.

Superficie máxima edificable. Será a establecida nesta ordenanza.

Os volumes edificados serán fraccionados a prol de garantir a súa integración paisaxística e ambiental no parque do río Rato.

O estudo de detalle resolverá o encontro das parcelas privadas coa zona verde contigua, ademais de considerar a permeabilidade desde a rúa A ao parque do Rato.

• Número 4.5.2. Condicións ambientais e hixiénicas. Augas residuais.

Onde di:

4.5.2. Augas residuais.

1. A produción de verteduras á rede de saneamento de augas pluviais ou fecais por parte das instalacións e actividades que se desenvolvan no ámbito do parque deberá axustarse ao disposto na lexislación vixente en materia de verteduras e protección ambiental de leitos e en xeral do dominio público hidráulico:

– Decreto 16/1987 (Galicia), do 14 de xaneiro, de deseño técnico do Plan hidrolóxico das bacías intracomunitarias de Galicia.

– Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia.

– Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade das augas das rías de Galicia e de ordenación do servizo público de depuración de augas residuais urbanas. C.E. 25.9.2001.

– Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

– Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve a Lei de augas.

– Real decreto 927/1988, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, o desenvolvemento dos títulos II e III da Lei de augas.

– Real decreto 1315/1992, do 30 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Regulamento do dominio público hidráulico aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, co fin de incorporar á lexislación interna a Directiva do Consello 80/68/CEE, do 17 de decembro de 1979, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas.

– Real decreto 484/1995, do 7 de abril, sobre medidas de regularización e control de verteduras.

– Real decreto 995/2000, do 2 de xuño, polo que se fixan obxectivos de calidade para determinadas substancias contaminantes e se modifica o Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril.

– Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. C.E. 30.11.2001.

– Real decreto 606/2003, do 23 de maio, polo que se modifica o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI e VIII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.

– Modificacións do texto refundido da Lei de augas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.

2. Todas as edificacións do parque empresarial das Gándaras (Lugo), calquera que sexa o seu uso, deberán ter resolto o sistema de verteduras das súas augas residuais na forma tecnicamente posible que evite a contaminación do medio ou a alteración dos sistemas de depuración receptores das augas.

3. Para tal fin, toda as actividades industriais e de servizos, con instalacións dentro do parque empresarial das Gándaras (Lugo), estarán obrigadas a solicitar especificamente coa licenza de actividade o permiso de verteduras, para o cal deberá entregarse a seguinte documentación:

Filiación.

A) Nome, número da parcela e domicilio social do titular do establecemento ou actividade.

B) Localización e características da instalación ou actividade.

Produción.

A) Descrición das actividades e procesos xeradores das verteduras.

B) Materias primas ou produtos utilizados como tales, indicando as cantidades en unidades usuais.

C) Produtos finais e intermedios, se os houber, consignando as cantidades en unidades usuais, así como o ritmo de produción.

Verteduras.

Descrición do réxime de verteduras (horarios, duración, caudal medio e punta, e variacións diarias, mensuais e estacionais, se as houber) e as súas características previamente a calquera tratamento.

Pretratamento.

Descrición dos sistemas de tratamento adoptados e do grao de eficacia prevista para eles, así como a composición final das verteduras descargadas, cos resultados da análise de posta en marcha realizados, se for o caso.

Planos.

a) Planos de situación.

b) Planos da rede interior de recollida e instalación de pretratamentos.

c) Planos detallados das obras en conexión, das arquetas de rexistros e dos dispositivos de seguridade.

Varios.

a) Volume de auga consumida polo proceso industrial.

b) Dispositivos de seguridade adoptados para previr accidentes nos elementos de almacenamento de materias primas, compostos intermedios ou produtos elaborados susceptibles de ser vertidos á rede de sumidoiros.

c) E, en xeral, todos aqueles datos que a Administración considere necesarios, para os efectos de coñecer todas as circunstancias e elementos involucrados nas verteduras de augas residuais.

O permiso de vertedura emitirase sen prexuízo das autorizacións ou licenzas que deban conceder outros organismos competentes na materia.

4. O Concello autorizará a descarga á rede de saneamento, con suxeición aos termos, límites e condicións que se indiquen na licenza de actividade.

5. Na licenza de actividade recollerase o permiso de verteduras, que se concederá especificamente á industria, ao proceso a que se refira e características da correspondente vertedura.

Calquera modificación dos termos referidos exixirá solicitar novamente o permiso de verteduras.

6. O Concello non autorizará:

a) A apertura, a ampliación ou a modificación dunha industria que non teña o correspondente permiso de verteduras.

b) A construción, reparación ou remodelación dunha inxerencia que non teña o correspondente permiso de verteduras.

c) A posta en funcionamento de ningunha actividade industrial potencialmente contaminante, se previamente non foi aprobada, instalada e, se for o caso, comprobada polos servizos técnicos municipais a eficacia e o correcto funcionamento dos pretratamentos nos termos requiridos na correspondente licenza de actividade.

d) Acometidas á rede que non sexan independentes para cada industria. Cando isto non sexa posible, deberá propoñerse como alternativa unha solución tecnicamente axeitada.

7. A regulación da contaminación en orixe, mediante prohibición ou limitación na descarga de verteduras, establécese cos seguintes propósitos:

1º. Protexer o leito receptor de calquera efecto prexudicial, crónico ou agudo, tanto para o home como para os ecosistemas naturais.

2º. Protexer a integridade e boa conservación das instalacións de saneamento e depuración.

8. O criterio de preservar a calidade ecolóxica do medio receptor, así como a seguridade das instalacións de saneamento, definirase segundo a concentración de contaminantes para a súa descarga ao medio receptor de acordo coa lexislación.

9. Queda totalmente prohibido descargar directa ou indirectamente á rede de saneamento pluvial ou fecal calquera dos seguintes produtos:

a) Substancias sólidas ou viscosas en cantidade ou dimensións tales que sexan capaces de causar a obstrución na corrente das augas nos sumidoiros ou obstaculizar os traballos de conservación e limpeza da rede.

b) Disolventes ou líquidos orgánicos inmiscibles en auga, combustibles ou inflamables.

c) Gases ou vapores combustibles, inflamables, explosivos ou tóxicos.

d) Graxas ou aceites minerais ou vexetais que excedan 200 ppm, medidos como graxa total.

e) Substancias sólidas potencialmente perigosas.

f) Residuos industriais ou comerciais cunhas concentracións ou características tóxicas ou perigosas que requiran un tratamento específico.

g) Líquidos que conteñan produtos susceptibles de precipitar ou depositarse na rede de sumidoiros ou de reaccionar coas augas desta e produzan así substancias comprendidas en calquera dos puntos do presente artigo.

h) Substancias que por elas mesmas ou como consecuencia de reaccións que teñan lugar dentro da rede teñan ou adquiran algunha propiedade corrosiva.

i) Substancias que poidan alterar negativamente dalgunha forma a capacidade de depuración das instalacións depuradoras ou calquera outra instalación de tratamento previo das augas.

j) Calquera outro que determine a lexislación vixente.

10. As medicións e determinacións serán realizadas baixo a supervisión técnica do Concello e a cargo da propia instalación industrial.

As determinacións realizadas deberán remitirse ao Concello, ao seu requirimento ou coa frecuencia e forma que se especifique na licenza de actividade.

En todo caso, estas análises estarán á disposición dos técnicos municipais responsables da inspección e control das verteduras para o seu exame cando se produza. Por outra parte, o Concello poderá facer as súas propias determinacións cando así o considere oportuno.

11. Toda instalación que produza verteduras de augas residuais non domésticas deberá colocar e poñer á disposición dos servizos técnicos municipais, para efectos da determinación da carga contaminante, os seguintes dispositivos:

a) Arqueta de rexistro, que estará situada en cada cloaca de descarga das verteduras residuais, de fácil acceso, libre de calquera interferencia e localizada augas abaixo antes da descarga á rede. Deberán enviarse á Administración planos de situación da arqueta e de aparellos complementarios para a súa identificación e censo.

b) Medición de caudais. Cada arqueta de rexistro disporá dos correspondentes dispositivos para poder determinar os caudais de augas residuais.

c) No caso de existiren pretratamentos individuais ou colectivos legalmente autorizados, deberá instalarse na saída dos afluentes depurados unha arqueta de rexistro coas mesmas condicións referidas en parágrafos anteriores.

12. Os servizos técnicos municipais procederán a efectuar periodicamente ou por instancia dos usuarios inspeccións e controis das instalacións de verteduras de augas residuais.

Para que os inspectores municipais ou da administración competente en materia de augas poidan realizar as súas funcións de vixilancia e control, os titulares das instalacións estarán obrigados, iante do persoal acreditado, a:

a) Facilitarlles, sen necesidade de comunicación anticipada, o libre acceso aos locais ou partes da instalación que consideren axeitado para o cumprimento da súa misión.

b) Facilitarlles a montaxe dos equipamentos, así como permitirlles a utilización dos instrumentos que a empresa utilice coa finalidade de autocontrol, especialmente aqueles para a medición de caudais de verteduras e toma de mostras, para efecto de realizar as comprobacións que consideren axeitadas.

c) E, en xeral, facilitarlles o exercicio e cumprimento das súas funcións.

Para conseguir unha axeitada regulación das descargas de verteduras e actualizar periodicamente as limitacións destas e conseguintes autorizacións, o Concello deberá:

1. Elaborar un inventario dos permisos de verteduras concedidas.

2. Comprobar periodicamente as verteduras na rede de sumidoiros.

13. Os titulares dos establecementos industriais que pola súa natureza poidan ocasionar descargas de verteduras que prexudiquen a integridade e correcto funcionamento das instalacións de saneamento deberán adoptar as medidas protectoras necesarias para evitalas. Os proxectos detallados destas medidas deberán presentarse á Administración para a súa aprobación. Isto non eximirá o titular das responsabilidades consecuentes ante dunha situación de emerxencia.

Se a situación de emerxencia se produce, o usuario deberá poñela urxentemente en coñecemento dos servizos municipais.

Posteriormente e nun prazo máximo de sete días, o usuario remitirá á Administración un informe onde detallará a data, hora e causa do accidente, e canta información necesiten os servizos técnicos municipais para elaborar unha correcta interpretación do ocorrido e avaliar as súas consecuencias.

Modifícase por:

4.5.2. Augas residuais.

1. A produción de verteduras á rede de saneamento de augas pluviais ou fecais por parte das instalacións e actividades que se desenvolvan no ámbito do parque deberá axustarse ao disposto na lexislación e normativa vixente en materia de verteduras, protección ambiental de leitos e, en xeral, do dominio público hidráulico.

2. Todas as edificacións do parque empresarial das Gándaras (Lugo), calquera que sexa o seu uso, deberán ter resolto o sistema de vertedura das súas augas residuais na forma tecnicamente posible que evite a contaminación do medio ou a alteración dos sistemas de depuración receptores das augas.

3. Para tal fin, todas as actividades industriais e de servizos con instalacións dentro do parque empresarial das Gándaras (Lugo) estarán obrigadas a solicitar especificamente coa licenza de actividade o permiso de verteduras, para o cal deberá realizarse a correspondente tramitación administrativa ante o Concello de Lugo.

4. O Concello autorizará a descarga á rede de saneamento, con suxeición aos termos, límites e condicións que se indiquen na licenza de actividade.

5. Na licenza de actividade recollerase o permiso de verteduras, que se concederá especificamente á industria, ao proceso a que se refira e características da correspondente vertedura.

Calquera modificación dos termos referidos exixirá solicitar novamente o permiso de verteduras.

6. A regulación da contaminación en orixe, mediante prohibición ou limitación na descarga de verteduras, establécese cos seguintes propósitos:

1º. Protexer o leito receptor de calquera efecto prexudicial, crónico ou agudo, tanto para o home como para os ecosistemas naturais.

2º. Protexer a integridade e boa conservación das instalacións de saneamento e depuración.

7. O criterio de preservar a calidade ecolóxica do medio receptor, así como a seguridade das instalacións de saneamento, definirase segundo a concentración de contaminantes para a súa descarga ao medio receptor de acordo coa lexislación.

8. Queda totalmente prohibido descargar directa ou indirectamente á rede de saneamento pluvial ou fecal calquera dos seguintes produtos:

a) Substancias sólidas ou viscosas en cantidade ou dimensións tales que sexan capaces de causar a obstrución na corrente das augas nos sumidoiros ou obstaculizar os traballos de conservación e limpeza da rede.

b) Disolventes ou líquidos orgánicos inmiscibles en auga, combustibles ou inflamables.

c) Gases ou vapores combustibles, inflamables, explosivos ou tóxicos.

d) Graxas ou aceites minerais ou vexetais que excedan 200 ppm, medidos como graxa total.

e) Substancias sólidas potencialmente perigosas.

f) Residuos industriais ou comerciais cunhas concentracións ou características tóxicas ou perigosas que requiran un tratamento específico.

g) Líquidos que conteñan produtos susceptibles de precipitar ou depositarse na rede de sumidoiros ou de reaccionar coas augas desta e produzan así substancias comprendidas en calquera dos puntos do presente artigo.

h) Substancias que por elas mesmas ou como consecuencia de reaccións que teñan lugar dentro da rede teñan ou adquiran algunha propiedade corrosiva.

i) Sustancias que poidan alterar negativamente dalgunha forma a capacidade de depuración das instalacións depuradoras ou calquera outra instalación de tratamento previo das augas.

j) Calquera outro que determine a lexislación vixente.

9. As medicións e determinacións serán realizadas baixo a supervisión técnica do Concello e a cargo da propia instalación industrial.

10. Toda instalación que produza verteduras de augas residuais non domésticas deberá colocar e poñer á disposición dos servizos técnicos municipais, para os efectos da determinación da carga contaminante, os seguintes dispositivos ou os que os ditos servizos determinen no seu lugar:

a) Arqueta de rexistro, que estará situada en cada cloaca de descarga das verteduras residuais, de fácil acceso, libre de calquera interferencia e localizada augas abaixo antes da descarga á rede. Deberán enviarse á Administración planos de situación da arqueta e de aparellos complementarios para a súa identificación e censo.

b) Medición de caudais. Cada arqueta de rexistro disporá dos correspondentes dispositivos para poder determinar os caudais de augas residuais.

c) No caso de existir pretratamentos individuais ou colectivos legalmente autorizados, deberá instalarse na saída dos afluentes depurados unha arqueta de rexistro coas mesmas condicións referidas en parágrafos anteriores.

11. Os servizos técnicos municipais procederán a efectuar periodicamente ou por instancia dos usuarios inspeccións e controis das instalacións de verteduras de augas residuais.

Para que os inspectores municipais ou da Administración competente en materia de augas poidan realizar as súas funcións de vixilancia e control, os titulares das instalacións estarán obrigados, ante do persoal acreditado, a:

a) Facilitarlles, sen necesidade de comunicación anticipada, o libre acceso aos locais ou partes da instalación que consideren axeitado para o cumprimento da súa misión.

b) Facilitarlles a montaxe dos equipamentos, así como permitirlles a utilización dos instrumentos que a empresa utilice coa finalidade de autocontrol, especialmente aqueles para a medición de caudais de verteduras e toma de mostras, para os efectos de realizar as comprobacións que consideren axeitadas.

c) E, en xeral, facilitarlles o exercicio e cumprimento das súas funcións.

12. Os titulares dos establecementos industriais que pola súa natureza poidan ocasionar descargas de verteduras que prexudiquen a integridade e o correcto funcionamento das instalacións de saneamento deberán adoptar as medidas protectoras necesarias para evitalas, de acordo cos proxectos presentados e aprobados pola Administración.

• Número 4.5.3. Condicións ambientais e hixiénicas. Residuos sólidos e industriais.

Onde di:

4.5.4. Residuos sólidos e industriais.

1. Para os efectos da presente ordenanza, entenderanse por residuos urbanos os xerados nos comercios, oficinas e servizos, así como todos aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que, pola súa natureza ou composición, poidan asimilarse aos producidos nos anteriores lugares ou actividades.

Terán tamén a consideración de residuos urbanos os seguintes:

• Residuos procedentes da limpeza de vías públicas, zonas verdes e áreas recreativas.

• Residuos e entullos procedentes de obras menores de construción e reparación.

Para calquera aclaración sobre a terminoloxía desta ordenanza aplicaranse as definicións que establece a Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, derrogada pola Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e o Real decreto 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.

2. A produción, xestión e transporte dos residuos nas instalacións e actividades que se desenvolvan no ámbito do parque deberán axustarse ao disposto na lexislación vixente en materia de residuos:

– Lei 10/1997 (Galicia), do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia (derrogada pola Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia).

– Decreto (Galicia) 154/1998, do 28 de maio, polo que se publica o catálogo de residuos de Galicia.

– Resolución do 28 de outubro de 1998. Plan de xestión de RSU de Galicia.

– Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de produtor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral (derrogado polo Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia).

– Orde do 11 de maio de 2001 pola que se regula o contido básico dos estudos de minimización da produción de residuos perigosos (derrogada pola Orde do 20 de xullo de 2009, pola que se regulan os contidos dos estudos de minimización da produción de residuos que deben presentar os produtores de residuos de Galicia).

– Decreto 352/2002, que regula a produción de residuos de construción e demolición (derrogado polo Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia).

– Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e réxime administrativo en residuos sólidos urbanos.

– Decreto 221/2003, do 27 de marzo, polo que se establece un réxime simplificado no control de traslado dos residuos perigosos producidos por pequenos produtores de residuos (derrogado polo Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos).

– Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

– Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos.

– Orde do 28 de febreiro de 1989 sobre xestión de aceites usados (derrogada polo Real decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados, así como pola Orde ARM/795/2011, do 31 de marzo, pola que se modifica o anexo III do Real decreto 679/2006, do 2 de xuño).

– Orde do 13 de xuño de 1990 pola que se modifica a Orde do 28 de febreiro de 1989 pola que se regula a xestión de aceites usados. BOE do 21 de xuño de 1990 (derrogada polo Real decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados, así como pola Orde ARM/795/2011, do 31 de marzo, pola que se modifica o anexo III do Real decreto 679/2006, do 2 de xuño).

– Orde do 28 de outubro de 1992 pola que se amplía o ámbito de aplicación da Orde do 31 de outubro de 1989 (BOE do 6 de novembro de 1992).

– Real decreto 1771/1994, polo que se modifica o Real decreto 833/1988, do 20 de xullo.

– Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases.

– Real decreto 952/1997, polo que se modifica o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos.

– Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (derrogada pola Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados).

– Real decreto 782/1998, do 30 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e a execución da Lei 11/1997, de envases e residuos de envases (modificado polo Real decreto 252/2006, do 3 de marzo, polo que se revisan os obxectivos de reciclaxe e valorización establecidos na Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, e polo que se modifica o Regulamento para o seu desenvolvemento e execución, aprobado polo Real decreto 782/1998, do 30 de abril).

– Real decreto 1481/2001, de eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.

– Orde MAM/304/2002, operacións de valorización e eliminación de residuos e corrección de erros.

– Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

3. Corresponde ao Concello, como servizo obrigatorio, a recollida, o transporte, tratamento e eliminación dos residuos urbanos tal e como se encontran definidos anteriormente.

Non serán obxecto de recollida os residuos que comprendan materias contaminadas ou contaminantes, corrosivas e perigosas para as cales o risco de contaminación requira adoptar especiais garantías de hixiene e profilaxe para a súa recollida ou destrución. Os produtores destes están obrigados a dispoñer dos oportunos sistemas de xestión e a aterse á normativa específica aplicable.

Non serán obxecto desta ordenanza os MER, entendendo por tales os recollidos no Real decreto 1991/2000, modificado polo Real decreto 3454/2000.

4. As exixencias que se establezan para o exercicio das actividades a que se refire esta ordenanza serán controladas a través da correspondente autorización municipal.

As actividades autorizadas estarán suxeitas a vixilancia por parte da Administración.

5. Prohíbese botar ou depositar residuos, desperdicios, lixo, entullos e materiais de calquera tipo nas vías públicas ou privadas, nas súas beirarrúas e nos soares ou parcelas valadas ou sen valar.

6. Sen prexuízo da información que se deba achegar a outras instancias administrativas, as industrias implantadas no parque empresarial das Gándaras (Lugo) quedan obrigadas a comunicar ao municipio, conxuntamente coa solicitude de licenza de actividade, cada dous anos durante a actividade, e antes de calquera modificación na produción de residuos sólidos, os seguintes aspectos:

– Cantidade e características dos residuos que se van xerar ao longo do proceso produtivo.

– Sistema de amoreamento previsto nos terreos propios, así como as medidas de seguridade para a protección do ambiente e das persoas.

– Sistemas e procedementos de emerxencia que permitan a contención da contaminación en caso de accidente ligado de forma directa ou indirecta á presenza destes residuos.

– Medidas de seguridade previstas en relación coas operacións de carga e descarga de residuos e nos seus accesos para a entrada e saída.

– Instalacións propias para a xestión previstas para o caso.

– Solicitudes, autorizacións e permisos para a realización de actividades de xestión ou produción dos residuos que sexan necesarios.

O cumprimento das condicións de autorización poderá ser comprobado pola Administración municipal de forma previa ao inicio das actividades.

7. Prohíbese o amoreamento de residuos en condicións en que non se poida garantir a prevención da contaminación do sistema de saneamento, o sistema de drenaxe superficial, o solo ou o subsolo. É obrigatorio o acondicionamento das zonas de amoreamento de forma previa, de xeito que, ademais de previr a contaminación, se impida o acceso visual a estes amoreamentos desde as vías ou as zonas habitadas.

8. Xunto á documentación preceptiva para a concesión de licenza municipal no ámbito do parque empresarial das Gándaras (Lugo) para obras de construción, reforma, baleiramento ou derruba, xuntarase documento que recolla o punto de vertedura de todos os produtos procedentes daquelas obras, así como a composición e volume estimado destes.

9. O destino dos entullos, libres de obxectos estraños, serán instalacións de reciclaxe de residuos de construción e demolición.

10. O titular da licenza de obras está obrigado a presentar no Concello certificado do propietario da planta de tratamento ou terreo onde teña tratado ou depositado os entullos ou terras que acredite o cumprimento efectivo das condicións previstas na licenza en canto ao lugar de destino, composición e volume de terras ou entullos.

O incumprimento desta obriga levará unida a retención da fianza prestada ao solicitar a preceptiva licenza de obra.

11. Toda persoa física ou xurídica deberá realizar o transporte de terras e entullos con vehículos apropiados nas condicións de hixiene e seguridade previstas e coas autorizacións preceptuadas na lexislación vixente.

12. De forma previa ao abandono dunha instalación deberá procederse á desmontaxe, retirada e xestión, de acordo coa lexislación vixente, de calquera elemento susceptible de xerar contaminación do solo e/ou das augas.

Modifícase por:

4.5.4. Residuos sólidos e industriais.

1. Para os efectos da presente ordenanza, entenderanse por residuos urbanos os xerados nos comercios, oficinas e servizos, así como todos aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que, pola súa natureza ou composición, poidan asimilarse aos producidos nos anteriores lugares ou actividades.

Terán tamén a consideración de residuos urbanos os seguintes:

• Residuos procedentes da limpeza de vías públicas, zonas verdes e áreas recreativas.

• Residuos e entullos procedentes de obras menores de construción e reparación.

Para calquera aclaración sobre a terminoloxía desta ordenanza aplicaranse as definicións que establece a Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, derrogada pola Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e o Real decreto 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.

2. A produción, xestión e transporte dos residuos nas instalacións e actividades que se desenvolvan no ámbito do parque deberán axustarse ao disposto na lexislación vixente en materia de residuos:

3. Corresponde ao Concello, como servizo obrigatorio, a recollida, o transporte, tratamento e eliminación dos residuos urbanos tal e como se encontran definidos anteriormente.

Non serán obxecto de recollida os residuos que comprendan materias contaminadas ou contaminantes, corrosivas e perigosas cuxo risco de contaminación requira adoptar especiais garantías de hixiene e profilaxe para a súa recollida ou destrución. Os produtores destes están obrigados a dispoñer dos oportunos sistemas de xestión e a aterse á normativa específica aplicable.

Non serán obxecto desta ordenanza os MER, entendendo por tales os recollidos no Real decreto 1991/2000, modificado polo Real decreto 3454/2000.

4. As exixencias que se establezan para o exercicio das actividades a que se refire esta ordenanza serán controladas a través da correspondente autorización municipal.

As actividades autorizadas estarán suxeitas a vixilancia por parte da Administración.

5. Prohíbese botar ou depositar residuos, desperdicios, lixo, entullos e materiais de calquera tipo nas vías públicas ou privadas, nas súas beirarrúas e nos soares ou parcelas valadas ou sen valar.

6. Prohíbese o amoreamento de residuos en condicións en que non se poida garantir a prevención da contaminación do sistema de saneamento, o sistema de drenaxe superficial, o solo ou o subsolo. É obrigatorio o acondicionamento das zonas de amoreamento de forma previa, de xeito que, ademais de previr a contaminación, se impida o acceso visual a estes amoreamentos desde as vías ou as zonas habitadas.

7. O destino dos entullos, libres de obxectos estraños, serán instalacións de reciclaxe de residuos de construción e demolición.

8. O titular da licenza de obras está obrigado a presentar no concello certificado do propietario da planta de tratamento ou terreo onde teña tratado ou depositado os entullos ou terras que acredite o cumprimento efectivo das condicións previstas na licenza en canto ao lugar de destino, composición e volume de terras ou entullos.

O incumprimento desta obriga levará unida a retención da fianza prestada ao solicitar a preceptiva licenza de obra.

9. Toda persoa física ou xurídica deberá realizar o transporte de terras e entullos con vehículos apropiados nas condicións de hixiene e seguridade previstas e coas autorizacións preceptuadas na lexislación vixente.

10. De forma previa ao abandono dunha instalación, deberá procederse á desmontaxe, retirada e xestión, de acordo coa lexislación vixente, de calquera elemento susceptible de xerar contaminación do solo e/ou das augas.

• Número 4.8.1. Normas de parcelación. Xeneralidades.

Onde di:

4.8.1. Xeneralidades.

Enténdese por parcelación a subdivisión simultánea ou sucesiva de terreos en lotes ou porcións co fin da súa edificación, ou a agrupación destes.

Toda parcelación deberá acomodarse ao previsto no proxecto sectorial e na sección 4ª, capítulo II, título VI da LOUG.

A agrupación ou segregación das parcelas deberá:

– Respectar a estrutura urbanística que fixa o proxecto sectorial de ordenación.

– Facer posible as acometidas dos servizos urbanísticos.

– Deseñar parcelas edificables de acordo coa normativa do proxecto sectorial.

– Cumprir as dimensións e frontes de parcela establecidos en cada ordenanza, garantindo o cumprimento das ditas condicións para o terreo sobrante.

Toda parcelación estará sometida a licenza municipal previa.

Modifícase por:

4.8.1. Xeneralidades.

Enténdese por parcelación a subdivisión simultánea ou sucesiva de terreos en lotes ou porcións co fin da súa edificación, ou a agrupación destes.

Toda parcelación deberá acomodarse ao previsto no proxecto sectorial e na sección 4ª, capítulo II, título VI, da LOUG.

A agrupación ou segregación das parcelas deberá:

– Respectar a estrutura urbanística que fixa o proxecto sectorial de ordenación.

– Facer posibles as acometidas dos servizos urbanísticos.

– Deseñar parcelas edificables de acordo coa normativa do proxecto sectorial.

– Cumprir as dimensións e frontes de parcela establecidas en cada ordenanza, garantindo o cumprimento das ditas condicións para o terreo sobrante.

Toda parcelación estará sometida a licenza municipal previa.

Non será necesaria a formulación de estudos de detalle para realizar parcelacións no parque empresarial.

• Número 4.8.3. Normas de parcelación. Agrupación de parcelas.

Onde di:

4.8.3. Agrupación de parcelas.

Permítese agrupar parcelas para formar outras de maiores dimensións.

As parcelas resultantes estarán suxeitas, en todo caso, ás prescricións que as ordenanzas particulares sinalan.

Modifícase por:

4.8.3. Agrupación de parcelas.

Permítese agrupar parcelas para formar outras de maiores dimensións, sen que sexa necesaria a formulación dun estudo de detalle para tal fin.

As parcelas resultantes estarán suxeitas, en todo caso, ás prescricións que as ordenanzas particulares sinalan.

• Número 4.8.4. Normas de parcelación. Segregación de parcelas. Parcela mínima.

Onde di:

4.8.4. Segregación de parcelas. Parcela mínima.

Poderanse dividir parcelas para formar outras de menor tamaño, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

– As parcelas resultantes non serán menores da mínima establecida para cada zona nas ordenanzas particulares.

– Cada unha das novas parcelas cumprirá cos parámetros reguladores da ordenación establecidos no proxecto sectorial e, en particular, o referente á fronte mínima de parcela.

– Resolverase adecuadamente a dotación de todos os servizos existentes para cada unha das parcelas resultantes.

– Se, con motivo da subdivisión de parcelas, for preciso realizar obras de urbanización, estas executaranse con cargo ao titular da parcela orixinaria.

A nova parcelación será obxecto, así mesmo, de licenza municipal.

Contra o devandito acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Modifícase por:

4.8.4. Segregación de parcelas. Parcela mínima.

Poderanse dividir parcelas para formar outras de menor tamaño, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

– As parcelas resultantes non serán menores da mínima establecida para cada zona nas ordenanzas particulares.

– Cada unha das novas parcelas cumprirá cos parámetros reguladores da ordenación establecidos no proxecto sectorial e, en particular, o referente á fronte mínima de parcela.

– Resolverase adecuadamente a dotación de todos os servizos existentes para cada unha das parcelas resultantes.

– Se, con motivo da subdivisión de parcelas, for preciso realizar obras de urbanización, estas executaranse con cargo ao titular da parcela orixinaria.

A nova parcelación será obxecto, así mesmo, de licenza municipal.

Non será necesaria a formulación dun estudo de detalle para a segregación de parcelas no parque empresarial.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo