Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de setembro de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dun requirimento de documentación, en relación co procedemento de segundas adxudicacións de vivendas no concello do Porriño (Pontevedra).

O acto adoptouno a xefa da Área Provincial de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do requirimento deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de setembro de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO
Expediente: procedemento de segundas adxudicacións
de vivendas no concello do Porriño

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

María Villar Sixto

...121L

Trámite de audiencia

María del Rosario Freiría Rodríguez

...047V

Trámite de audiencia

Salah Jalal

...667B

Requirimento de documentación

Óscar Javier Escudero Jiménez

…151P

Requirimento de documentación

María Mercedes Estévez Aldin

…258V

Requirimento de documentación