Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48268

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (797/2015).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento de patria potestade número 797/15 seguido por instancia de Rafaela Yohana Joaquín Sánchez fronte a Félix Manuel Martínez Olivero se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza número 821/16.

Maxistrada-xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 23 de xuño de 2016.

Vistos os presentes autos número 797/15 de xuízo ordinario sobre extinción da patria potestade promovidos pola procuradora Sra. Lozano en nome e representación de Rafaela Yohana Joaquín Sánchez e baixo a dirección letrada de Sra. Valcárcel fronte a Félix Manuel Martínez Olivero, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva

Estimo parcialmente a demanda presentada pola procuradora Sra. Lozano en nome e representación de Rafaela Yohana Joaquín Sánchez fronte a Félix Manuel Martínez Olivero e acordo suspender o exercicio da patria potestade de Felix Manuel Martínez Olivero en relación co menor Víctor Manuel Martínez Joaquín, e atribúo a Rafaela Yohana Joaquín Sánchez o exercicio exclusivo da patria potestade respecto de Víctor Manuel Martínez Joaquín».

E, encontrándose o demandado, Félix Manuel Martínez Olivero, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza