Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48266

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1931/2016).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1931/2016 desta sección, seguido por instancia de Ana Elizabet Petroni Bayarres e María Teresa Palomares Monteiro contra Fogasa, Operadora Hotelera Gallega, S.L., Posadas de España, S.A., Cat Ib de Inversiones, S.L. Edictos, Isabel Caramés Míguez, Celso Sotelino Vidal, Manuel Rodríguez Fornos, Eloy Lorenzo Rodríguez, María Luz González Cruces, Carmen Barral Martínez, María Luz García Méndez sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando os recursos de suplicación interpostos por Ana Elisabet Petroni Bayarres e María Teresa Palomares Monteiro contra a sentenza do 14.12.2015 ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo no procedemento nº 624-2015 sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste T.S.X. Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos de esta sala, aberta Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, si hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E, para que así conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cat Ib de Inversiones, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto u sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza