Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de outubro de 2016 pola que se notifica a resolución do arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/116/2015-RP1, devolta polo órgano notificador por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en substitución do director, ditou, o 31 de agosto de 2016, resolución pola que se arquiva o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/116/2015-RP1 aberto por obras executadas en solo rústico, sen autorización autonómica, consistentes na instalación dunha caseta prefabricada tipo obra con dúas portas, unha delas con escaleiras, na parcela 47, do polígono 55, no lugar de Naseiro, no termo municipal de Viveiro, por cumprimento da orde de demolición.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución a María del Carmen Álvarez Álvarez e aos herdeiros de Francisco Díez Trigo, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística