Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de outubro de 2016 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/116/2015-RP1, devolta polo órgano notificador por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 21 de xullo de 2016, resolución en que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización autonómica consistentes na instalación dunha caseta prefabricada tipo obra con dúas portas, unha delas con escaleiras, na parcela 47 do polígono 55, no lugar do Naseiro, no termo municipal de Viveiro, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María del Carmen Álvarez Álvarez e aos herdeiros de Francisco Díez Trigo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, se atopaante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística